Colaborando co proxecto “8 mulleres para o 8M”, a artista Ana Gesto preséntanos o traballo de unha das grandes da historia da arte: Elsa von Freytag-Loringhoven (1874-1927), coñecida popularmente como a Baronesa Dadá.
Unha muller pioneira, que desafiou as normas do seu tempo, levou un estilo de vida pouco convencional e experimentou libremente coa súa sexualidade. Sobre ela, Ana Gesto destaca: “Elsa von Freytag foi a raíña do Dadá de Nova York. Interésame moito porque foi pioneira da performance urbana. Construiu a súa identidade a través dunha actitude performáñtica e unha vestimenta escultórica deseñada e construida por ela mesma, coa que realizaba diversas accións na rúa entendendo o eu coma arte”.
Tamén foi precursora do readymade, traballaba con obxectos atopados e reciclados que ensamblaba para outorgarlle unha nova función, convertindo calquera acto ou obxecto ordinario nun potencial elemento poético. Moitos estudos sinalan á Baronesa Dadá como a verdadeira autora de “La Fuente”, atribuida a Marcel Duchamp.