8 mulleres para o 8M: Artemisia Gentileschi

Susana y los viejos, 1610.

Chavete, profesor emérito da facultade, tamén quixo sumarse ao proxecto «8 mulleres para o 8M», para falarnos da artista Artemisia Gentileschi:

«Artemisia Gentileschi naceu nunha época onde ser muller e artista era impensable. Aprendeu a debuxar e pintar no estudo do seu pai, tamén artista, e onde chegou a coñecer a Caravaggio, que a influíu de maneira importante. Quen debuxa ve a realidade tal cal é, exenta de ideoloxía. Só forma, volume e cor. Daquela o tempo e as vivencias persoais fan o resto. A historia ignorouna conscientemente até os nosos días».

Entre as súas pinturas, Chavete escolleu Susana y los viejos, sobre a que comenta:

Susana y los viejos, 1610.

“Esta obra, Susana y los viejos é de aprendizaxe e está composta por referencias claras de varios artistas, entre eles Miguel Ángel. A partir de aquí as palabras sobran. Observemos a obra detidamente e deixémonos levar polo que nos evoca, pensando que foi pintada con só dezasete anos e no ano 1610. Espero que, entre outras cousas, esperte o desexo de coñecer máis sobre a artista».