8 mulleres para o 8M: Alma Haser

Alma Haser. "Hassan" da serie “Cosmic Surgery", 2011

A artista e exalumna Verónica Vicente decidiu falarnos de Alma Haser con motivo da conmemoración do 8M.

Alma Haser (1989) é unha fotógrafa e artista alemana. O seu traballo está cheo de capas e pregamentos cos que explora temas relacionados coa identidade e a percepción. Repensar o xénero do retrato lévaa a manipular insistentemente a imaxe fotográfica que toma como base con técnicas como a colaxe ou a papiroflexia.

Hoxe achegámonos a unha das súas series máis populares “Cosmic surgery” (2011), da cal Verónica Vicente sinala: «Alma Haser oculta o rostro da persoa retratada cunha sorte de máscara realizada en papiroflexia, dando a posibilidade visual de recompoñer de múltiples xeitos a súa identidade. O resultado final -inquietante e divertido a partes iguais- é bidimensional xa que o volve a fotografar de novo, mais as creacións tridimensionais recólleas nun libro pop-up que autoedita co mesmo título».

Podedes consultar máis fotografías da serie aquí