Para a súa colaboración con “8 mulleres para o 8M” a artista Arantza Pardo elixiu falar da obra de Marina Núñez, artista e docente da Facultade. Sobre ela, Arantza Pardo fai esta interesante análise:
Marina Núñez (Palencia, 1966) toca cuestións filosóficas complexas a través dunha estética visual poderosa. As súas obras presentan figuras distorsionadas, corpos híbridos ou criaturas que apelan á ciencia ficción e os videoxogos.
Interésame especialmente a súa relación co sublime. O sublime refírese a unha experiencia estética que provoca unha sensación de asombro, admiración e un sentido do trascendente ou de relación coa inmensidade. Na obra de Nuñez esta experiencia é recibida a través da exploración da escala, do descoñecido, e a transgresión dos corpos:
• Escala e monumentalidade: Especialmente as instalacións multimedia e esculturas contan con un aspecto escenográfico que desafía a percepción do espectador e o enfrentan con experiencias envolventes para o corpo humano que funcionan a modo de portais ao universo da artista.
• Exploración do descoñecido: A obra de Núñez explora con formas surrealistas e fantásticas. Estas representacións do extraño desafian os límites das formas e patróns coñecidos do mundo físico, adentrándonos en territorios de cuestionamiento da realidade.
• Transgresión dos corpos: Núñez explora a relación entre o corpo humano ou a natureza fusionando o orgánico e o artificial no que está a ser o comezo da era dixital. A complexidade das imaxes resultantes provoca unha mirada entre a maravilla e a inquietude.
Entre as súas obras, destaca o proxecto de videoarte «Flores heroicas (lirios)» do ano 2021, que podedes consultar neste enlace