3ª Convocatoria de Bolsas Xunta de Galicia / Fulbright para a ampliación de estudos artísticos en EE.UU. Curso 2023-2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América convocan 5 bolsas para a ampliación de estudos artísticos en Estados Unidos en calquera especialidade ou área de actividades artísticas, incluídas pero non limitadas a: artes audiovisuais; artes escénicas; artes plásticas e visuais; música e musicoloxía; museoloxía e conservación do patrimonio; e xestión cultural.

Presentación de solicitudes: desde o 7 de novembro de 2022 até o 12 de xaneiro de 2023 na páxina web da Comisión Fulbright.

Requisitos: Nacionalidade española; estar vinculado a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos, ou traxectoria profesional; dispor dunha carta de acceso, invitación ou admisión nun centro estadounidense; coñecemento de inglés adecuado para desenvolver o proxecto.

Dotación da bolsa: Viaxe de ida e volta e gastos varios, até un máximo de $2.600; asignación mensual entre $1.485 e $2.925; gastos de matrícula, taxas obrigatorias e outros gastos necesarios para desenvolver o proxecto presentado até $10.000; seguro de enfermidade e accidente.

Sesións Informativas online:
Martes 15 de novembro ás 17h.

Xoves 15 de decembro ás 17 h.

Máis información:
www.fulbright.es
Asesoría Académica
E-mail: registro@fulbright.es
Telf: 917027000