30 anos da facultade no CGAC. Exposición e actividades

Vista de sala da exposición "Cultivar incertezas"
Vista de sala da exposición "Cultivar incertezas"

Estamos moi agradecidas e contentas de que o CGAC forme parte da celebración dos 30 anos da nosa facultade a través da mostra Cultivar incertezas. Reformular o espazo / Conmocionar a mirada, que se inaugurou no CGAC o pasado mes de febreiro, comisariada por Ángel Cerviño.

Alén da mostra, estanse a realizar unha serie de actividades paralelas que permiten non só facer unha lectura histórica senón tamén preguntarnos pola actualidade da nosa arte e reflexionar, de xeito tanto práctico como teórico, sobre diferentes cuestións.

Aquí vos deixamos un breve resumo de todas estas actividades:

  • A primeira delas foi unha mesa redonda na que participaron Ángel Cerviño, comisario da mostra; Natalia Poncela, coordinadora do espazo Aula aberta; Miguel Anxo Rodríguez, coordinador das mesas de debate; X. Manuel Buxán, decano da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e Santiago Olmo, director do CGAC que actuou como moderador.

Podes visualizar a mesa na canle de YouTube do CGAC: aquí

  • Por outra banda, o 17 de marzo ás 17:30 h haberá un debate en directo a través da canle de YouTube, aquí

Podes participar no debate enviando as túas preguntas ata o martes 16 de marzo a cgac.actividades@xunta.gal

  • Realizaranse tamén outras actividades como seminarios e obradoiros, novas mesas de debate e unha Aula aberta con intervencións do alumnado e encontros con docente. Podedes consultar a programación detallada aquí