Franco Costas

Profesor/a asociado/a

Área de Pintura
Departamento de Pintura

Información de contacto

Facultade de Belas Artes
Despacho 211
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra

+34 986 801 849
xfranco@uvigo.es

Breve CV

Xisela Franco é cineasta con amplia traxectoria no documental e cinema experimental. Licenciada en Comunicación Audiovisual e posteriormente en Humanidades (rama Filosofía) pola UEM, en Madrid, alí funda a súa productora Epojé Films coa que produce, guioniza ou dirixe documentais históricos (para TVE o Canal Historia) ao tempo que películas con vocación artística. Con documental etnográfico experimental “Aadat” (2004, codirixida con Noé Rodríguez), recibe entre outros, o galardón “Ciudad de Madrid al Mejor Documental Español” no prestixioso Festival DocumentaMadrid. Entre 2006 a 2010 trasládase a vivir a Canadá becada pola Fundacion Caixa Galicia e cursa un MFA en Film York University, supervisando a súa tesina o referente da vanguardia canadiense Phil Hoffman. Entre 2009-2010 obtén unha beca no Departamento de Cinema de York University e imparte clases de Film Art como profesora axudante do teórico canadiense John MCullough. Regresa a España e dirixe para TVG a serie de 13 documentais As Raíces da Industria Galega. Continúa recibindo encargos nesa liña histórica, pero tamén social e feminista, vertente que segue combinando coa súa obra máis persoal e artística. En 2015 gaña o premio de Producción ARTISTAS 2015 e realiza a no MARCO de Vigo a exposición individual “Interior, exterior, durante”. Ten exposto en espazos da arte contemporánea como a Keyhole Artfair (Murcia), Fundacion Luis Seoane, Galería Atlántica, Museo da Cidade da Cultura, Auditorio de Galicia, Museo da Deputación de Lugo, Fundación ABanca, ou na Casa das Artes de Vigo. En 2016 dirixe o proxecto Cinema e Muller para visibilizar o cinema feito por mulleres en Galicia. O seu traballo como directora ten estado na sección oficial de festivais como Dok Leipzig Film Festival, European ShortFilm Biennale (Ludwigsburg), Montreal Underground Film Festival, Intermediaciones-Muestra de videoarte de Medellín, Festival Internacional de Cinema S8 de Curitiva (Brasil), Playdoc Tui, S8 (Mostra de Cinema Periférico), Curtocircuito (Premio AGAG mellor guión) ou Premio Cinemística en Granada. Polo seu compromiso co cinema e feminismo, o Concello de San Sadurniño adícalle o Certame Galego das Artes pola Igualdade en 2016. Colabora con distintos festivais da escena galega programando ciclos con perspectiva de xénero ou organizando seminarios ou obradoiros. En 2020 colabora como directora artística no lanzamento do MOCA (o primer Museo Online de Cinema Autobiográfico) no que comisaria “Toronto, en primeira persoa”, unha xenealoxía do cinema autobiográfico canadiense. Ou recentemente en 2021 comisaria para Playdoc “Cinema Percorridos, Noite a Deriva”. Actualmente remata a súa tese de doutoramento sobre a intersección cinema-arte contemporáneo en Galicia.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01502 | Produción artística: Audiovisuais

2º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01204 | Técnicas fotográficas
P01G010V01403 | Imaxe en movemento