Núñez Jiménez

Profesor/a titular de universidade

Área de Pintura
Departamento de Pintura

Información de contacto

Facultade de Belas Artes
Despacho 203
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra

+34 986 801 841
netmarina@uvigo.es

Breve CV

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e Doutora en BBAA pola Universidade de Castela-A Mancha. Profesora titular do Departamento de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo desde 1999, pasa a formar parte do grupo de investigación DX5 en 2004. Artista, docente e investigadora, é na actualidade unha das artistas españolas con maior proxección nacional e internacional. Expuxo individualmente en centros públicos como o Espazo Uno do Raíña Sofía, a sala A Gallera da Comunidade Valenciana, a Fundación Pilar e Joan Miró en Palma de Mallorca, a Igrexa de Verónicas en Murcia, o Centro de Arte de Salamanca, a Casa de América en Madrid, o Instituto Cervantes en París, A Panera en Lleida, o Musac en León, o Centre do Carme en Valencia, a Sala Rekalde en Bilbao ou o Patio Herreriano en Valladolid. A súa obra figura en coleccións de varias institucións, entre as que podemos nomear o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, o Artium de Vitoria, o MUSAC de León, o Patio Herreriano de Valladolid, o TEA de Tenerife, a Fundación “A Caixa”, ou a Corcoran Gallery of Art, Washington, DC.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01303 | Arte, linguaxe e representación

2º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01201 | Expresión artística: Materia-Cor

 

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías non presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías non presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

2º cuadrimestre

Titorías non presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías non presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

Liñas de TFG

  • Imaxe dixital, vídeo dixital

Investigación

Grupo de investigación

Aplicacións de Novas Tecnoloxías o Grabado e Estampación con Fins Artísticos

Liñas de investigación

  • Identidades non normativas