Herranz Pascual

Catedrático/a de universidade

Área de Escultura
Departamento de Escultura

Información de contacto

Facultade de Belas Artes
Despacho 111
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra

+34 986 801 826
yherranz@uvigo.es

Breve CV

Licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco. Doutora en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. Premio extraordinario. Catedrática de Escultura da Universidade de Vigo. Imparte docencia na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, desde 1991. Co-Directora do Grupo de Investigación Transdisciplinar e Interdepartamental ES2 da Universidade de Vigo. Ten Cinco Tramos de Investigación (Sexenios) concedidos pola CNEAI, (MECD). Membro activo da Cátedra Caixanova de Estudos Feministas da Universidade de Vigo, desde a súa fundación no ano 2000 ata o 2011. Comités de expertos: (2011-2013) Vogal da Comisión Nacional da CNEAI. (2016-2019) Presidenta e Vogal da Comisión Nacional da ANECA. A súa investigación céntrase na Creación e investigación en/da arte contemporánea. Arte e xénero. Palabra e Escultura. Corpo e proxecto artístico actual. Escultura e espazo público. Entre outras. Desde 1991 escribiu máis de sesenta de textos, que se publicaron en libros, catálogos, diarios e revistas. De entre estas referencias destacaremos catro libros: “…Non, Aínda Non… / …Non, Not Yet…” (2020), “…Nun amén… / … In a heartbeat…,” (2016), “Máis Aínda… e …Aínda Máis / Even More… and …More Even” (2008), e “Pese ao paso do tempo / In Spite of the Pasage of Estafe (2007). A súa traxectoria artística comeza en 1979, e desde entón expuxo con regularidade. A súa obra, de marcado carácter conceptual, desenvólvese en proxectos artísticos que se expuxeron en máis de duascentas exposicións realizadas en 25 países de Europa, América e Asia. A súa obra atópase representada en diferentes Museos e Institucións de prestixio de diferentes países. Yolanda Herranz traballa con toda a potencialidade poética da linguaxe. O texto instáurase como material central dos seus proxectos. As súas propostas establecen unha ponte entre a creación artística e o espectador que, transcendendo o xogo lingüístico, crean un campo de interrelación visual e conceptual no que se aúnan referencias pictóricas, obxectuais e escultóricas desde unha obra envorcada sobre a palabra.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01603 | Produción artística: Obxecto e espazo

 

Investigación

Grupo de investigación

Grupo de Debuxo e Escultura (Interdepartamental)

Liñas de investigación

  • Creación artística contemporánea
  • O signo alfabético e a palabra como material e concepto escultórico
  • Corpo e proxecto artístico actual. Corpo e escultura