Romani Fernández

Profesor/a asociado/a

Área de Debuxo
Departamento de Debuxo

Información de contacto

Facultade de Belas Artes
Despacho 213
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra

+34 986 801 851
lromani@uvigo.es

Breve CV

Doutora en Belas Artes pola UVigo (2012). Licenciada pola mesma universidade na especialidade de pintura (2004). Colabora como Profesora na UNIR e no Máster de Educación Secundaria da UVigo dirixindo traballos finais da man do Dpto. de Física Aplicada desta universidade, co interese de xerar proxectos transversais sobre arte, ciencia e tecnoloxía. Imparte cursos sobre didácticas creativas en diferentes centros de formación tanto públicos como privados aplicando cuestións vinculadas á psicoterapia como ferramenta de coñecemento a través da arte. Coordinou proxectos editoriais como Im-pulsos Creativos. Canles Alternativas de Creación Contemporánea (2919), e participou no libro N-550 da estrada á rúa (2012). Entre as últimas exposicións destacan Kaldarte, Caldas de Reis, Pontevedra (2020 e 2019), Land Art Lapinjärvi, Finlandia (2018), Voilá la femme, Ateneo Santa Cecilia, Marín (2017), Neste Momento: cinco por vinteoito, Fundación RAC, Pontevedra (2015), Eclecticidade: Un mar de libros, Verbum, Vigo (2015) e Neste Universo.; Centro de Memória Vila do Conde, Portugal (2014), entre outras. Recibiu as bolsas de Novos Valores. Deputación de Pontevedra (2007), Xavier Pousa. Fundación Mondariz-Balneario, Pontevedra (2005) e Fundación Rodríguez-Acosta, Granada (2004).

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01305 | Técnicas gráficas

2º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01201 | Expresión artística: Materia-Cor
P01G010V01402 | Debuxo

 

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

Investigación

Liñas de investigación

  • Arte e espazo público. Modelos de intervención