Contratado/a predoutoral UVigo
Área de Debuxo
Departamento de Debuxo
Información de contacto
Facultade de Belas Artes
Despacho Dpto. Debuxo
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra
juan.edgar.gomez.fontaina@uvigo.gal
Breve CV
Juan Edgar Gómez Fontaíña (Ribeira 1991) Graduado en Belas Artes e Mestrado de Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo. Técnico superior en Arte Aplicada á Escultura pola EASD Mestre Mateo. Santiago de Compostela. Bolseiro ATIC na Facultade de Belas artes de Pontevedra (2016-2017), Bolseiro en Sala X na Facultade de Belas artes de Pontevedra (2017-2018), Premio Extraordinario fin de Mestrado (2018), Bolsa predoutoral UVigo (2019). Obra seleccionada no Premio ATLANTE 2016 da Fundación Museo do Gravado e a Estampa Dixital de Artes, Ribeira, A Coruña. En marzo de 2016, exposición colectiva POSITIVO/NEGATIVO na Fundación Museo do Gravado e a Estampa Dixital de Artes, Ribeira, A Coruña. En agosto de 2016 exposición individual “A pegada de Pedreselos” On Fisio. Pontevedra. En marzo de 2017 expón no proxecto colectivo Atalaia. Cangas do Morrazo. Pontevedra. Participación no 3º proyecto-encuentro internacional de interacción gráfica y edición, EL PLIEGO /doble desdoblado. Organiza grupo dx5 Digital & Graphic Art Research, Universidad de Vigo, con unha obra editada en 20 exemplares. En setembro de 2017 mostra individual “Escoito un rio seco”. Galería La Doce. Boiro, A Coruña. En novembro de 2017 realiza a exposición individual “A fraxilidade da memoria”. Palacete das Mendoza sala de exposicións da Deputación de Pontevedra. Participa en xuño de 2018 na exposición colectiva “Iso segue o seu curso” No sexto edificio do museo de Pontevedra. Xuño de 2018 participa na exposición colectiva internacional “A existencia de Acetes” na Casa das Campás, Vicerreitoría do campus de Pontevedra. Participa en maio de 2019 na segunda edición da feira internacional de arte contemporánea Just Lx. Lisboa Contemporary Art fair. En Agosto de 2019 exposición individual “Luna Cornata” en Galería La Doce. Boiro, A Coruña. A súa obra atópase en diversas coleccións particulares e fundacións como a do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes, Ribeira, A Coruña, a Fundación Paco Lareo, Vila de Cruces Pontevedra.
Docencia
Investigación
Grupo de investigación
Liñas de investigación
- Orixinal, copia, imitación, plaxio