Castro Fernández

Catedrático/a de universidade

Área de Historia da Arte
Departamento de Historia, Arte e Xeografía

Información de contacto

Facultade de Belas Artes
Despacho 113
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra

+34 986 801 880
xacastro@uvigo.es

Breve CV

Doutor en Historia da arte pola Universidade Complutense de Madrid. Licenciaturas de Filosofía e Letras -Historia da arte- e de Historia (Especialidade de Arqueoloxía) pola Universidade de Santiago de Compostela e Literatura Francesa na Sorbona (Paris). Cursos de arte contemporánea en Lausanne, Barcelona, New York, Madrid e Paris. Membro do AICA- France (Asociación Internacional de Críticos de Arte, de Paris). Foi profesor de Arte Contemporánea ou impartida másteres e cursos en diferentes facultades universitarias –Belas Artes e Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, Instituto Superior de Arte da Habana, Queensborough College of Arts de Nova York, Belas Artes de Salamanca, Università degli Studi de Milán… Foi membro dos Padroados da Alhambra de Granada, do Arquivo de Indias, da Fundación Lázaro Galdeano e da Fundación Mirou, entre outros. Así mesmo foi colaborador de revistas de arte, pensamento ou literatura, como Lapis (Madrid), Beaux-Arts Magazine (Paris), Flash Art (Milán), Contemporánea (New York), Coloquio Artes (Fundación Gulbenkian, Lisboa), Goya (Fundación Lázaro Galdiano, Madrid), Il Confronto Letterario (Universidade de Pavía), Ars Longa (Universidade de Valencia), Tintas. Quaderni dei letterature iberiche e iberoamericane (Universidade de Milán), etc. Ha comisariado máis de sesenta exposicións en España, Francia, Alemaña, Portugal, Italia, Croacia, Bulgaria, Cuba, Estados Unidos… e escribiu unha vintena de libros sobre arte e artistas actuais. É autor do proxecto Isla de Esculturas, no que traballou cos artistas Robert Morris, Richard Long, Dan Graham, Ian Hamilton Finlay, Giovanni Anselmo, Jenny Holzer, Ulrich Rückriem…, entre outros. Nos últimos anos foi Director do Instituto Cervantes de Milán (2004-2008) e do IPCE (Instituto do Patrimonio Cultural de España) da Dirección Xeral de BB.AA. e Bens Culturais do Ministerio de Cultura (2008-2009). En 2012 obtivo a acreditación de Catedrático.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01202 | Historia: Historia da arte

 

Titorías

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Martes: de 10:00 a 16:00, Despacho Historia da Arte, Facultade de Belas Artes

Liñas de TFG

  • Historia da arte

Investigación

Grupo de investigación

Grupo de Debuxo e Escultura (Interdepartamental)

Liñas de investigación

  • Creación artística contemporánea
  • Xestión e organización artística
  • Arte e tecnoloxía