Fandiño Gracia

Profesor/a asociado/a

Área de Escultura
Departamento de Escultura

Información de contacto

Facultade de Belas Artes

Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra
jefandino@uvigo.es

Breve CV

Suso Fandiño, Santiago de Compostela (1971). Licenciado en Historia da Arte especialidade de Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (1994), Licenciado en Belas Artes coa especialidade de Escultura pola Universidade de Vigo (2000) e Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2015). Imparte docencia como profesor asociado ao Departamento de Escultura no grado de Belas Artes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Ademáis da docencia universitaria conta cunha dilatada carreira no ámbito da divulgación e docencia no eido da arte contemporánea dirixindo cursos, impartindo obradoiros de artista e como conferenciante. A súa carreira artística iníciase ca corrente de artistas que protagoniza o cambio de dirección tomado pola arte galega a principios do século XXI. En 2001 realizou a súa primeira exposición individual, Sample Collection, na galería Ad Hoc de Vigo. En 2002 foi seleccionado para formar parte do ciclo de exposicións Miradas Virxes, e nese mesmo ano tamén participou na exposición Indisciplinados no museo MARCO, integrándose con ambas mostras nunha selección de artistas que recollía o panorama da arte contemporánea emerxente a nivel estatal e galega nese comezo do século. Comeza tamén a participar regularmente en feiras nacionais e internacionais, como ARCO, durante doce edicións consecutivas, LOOP, Art Lisboa, Paper Positions Berlin ou Drawing Now Paris. En 2003 Fandiño formou parte da escolla de artistas da exposición Urbanitas. En 2009 realizou a súa primeira exposición individual nun dos espazos de referencia dentro da arte contemporánea a nivel estatal ca súa intervención para o espazo anexo Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Avanzando cara á segunda década do século a súa obra adquire unha dimensión máis internacional ao estar presente en mostras como o Salón Europeo de Jovénes Creadores, a Bienal de Vídeo Arte de Tel Aviv, os Institutos Cervantes de Beijing e Sofía ou a Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. Durante os últimos anos desenvolve proxectos expositivos individuais para diferentes institucións como La letra con sangre entra (2012), Micromonumentology (2016), La lutte Continue (2017) ou Wunderkammer (2021). A súa obra tamén estivo presente en numerosas mostras colectivas sendo as máis notables as realizadas no CGAC, Patio Herreriano, Círculo de Bellas Artes de Madrid e MARCO entre outras. En 2013 a súa obra e traxectoria foron seleccionadas para formar parte na selección de artistas presentes no manual Arte Español Contemporáneo 1992 – 2013, editado por La Fábrica e dirixido por Rafael Doctor. A súa serie Vous Etês Ici sobre o conflito sirio recibiu en 2016 o máximo galardón no 24 Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos. No ámbito galerístico realiza colaboracións periódicas coas galerías Ad hoc, T20, Trayecto e a norteamericana Maus Contemporary. A súa obra forma parte de coleccións públicas e privadas españolas e internacionais como o Centro Galego de Arte Contemporánea, a Fundación Coca Cola, a Fundación Barrié, A Fundación, a fundación DIDAC ou a Jan Michalski Fondation. Ten publicado dous catálogos: La letra con sangre entra (2012) e La Lutte Continue (2017).

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01603 | Produción artística: Obxecto e espazo

 

Titorías

 

2º cuadrimestre

Titorías non presenciais horario fixo
O docente ten unha oferta de titorías non presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Xoves: de 16:00 a 19:30, na Sala 750 do Campus Remoto.