Charla-obradoiro de Impresión poética de imaxes

Charla+obradoiro. Impresión poética de imaxes en diálogo coa obra

Aplazado ata novo aviso!

Impresión poética de imaxes a reprodución en diálogo coa obra.

Imparte: ALEJANDRO NOVOA / COPIAS DE AUTOR .

3 e 4 de maio (inscricións ata o 29 de abril)

Esta charla/obradoiro condensa a experiencia acumulada por Copias de autor, durante os últimos 10 anos, no asesoramento, desenvolvemento e impresión de proxectos artísticos e fotográficos. O curso consta de dúas partes: unha conferencia aberta ao público en xeral e un obradoiro teórico-práctico para un máximo de 12 participantes que deberán asistir á conferencia previa.

CONFERENCIA
Martes, 3 de maio, de 12:00 a 14:00 horas – Aula 16 Facultade BBAA

A través da presentación dalgúns xéneros e subxéneros da fotografía contemporánea e de artistas de referencia, abordaremos as características estéticas e conceptuais que presentan as imaxes impresas en diferentes papeis e soportes.

OBRADOIRO
Exposición e análise detallada dos factores que interveñen na interpretación dunha imaxe en papel e na súa exposición posterior.

Programa completo:

Martes 3 de maio de 16:00 a 19:00 horas – Aula 32 Facultade de BBAA
Diferenza entre impresión técnica e impresión poética das imaxes
Preparación de arquivos: formato, resolución e calidade
Presentación de traballos: calidades e conservación

Mércores 4 de maio de 11:00 a 14:00 h.
Características dos papeis: fibras, textura, acabado e cor
Relación entre os papeis e a obra
Impresións únicas
Montaxes e posta en parede: tipos, calidades, potencial
Embalaxe, almacenamento e transporte
Análise de proxectos realizados en copias de autor

Mércores 4 de maio de 16:00 a 19:00 h.
Asesoramento aos participantes na impresión do seu proxecto
Sesión final coa intervención de Xabier Fernández

INSCRICIÓN (ata o venres 29 de abril)
Enviar un correo electrónico a andrea.costas.lago@uvigo.es indicando nome, curso e explicando o proxecto con un pequeno parágrafo mais dúas imaxes jpg. Para a admisión terán preferencia o alumnado de 3º e 4º e terase en conta a orde de recepción das solicitudes. Máximo: 12 participantes.