Bolsas de formación 2ª Convocatoria. 1 praza para a Sala de exposicións Profesor Manuel Moldes

Bolsas de formación en sistemas informáticos, centros universitarios e unidades e áreas: 2ª Convocatoria

VICERREITORÍA DO CAMPUS DE PONTEVEDRA Bolsa Sala de exposicións

Obxectivos e competencias a adquirir
Capacidade de traballo en equipo, de toma de decisións e de organización e planificación.
Busca, selección e organización de información para os proxectos vinculados as salas de exposicións.
Deseño e montaxe de exposicións.
Organización e xestión de exposicións.
Difusión da programación nas redes sociais.
Deseño e difusión de documentos asociados ás exposicións.
Documentación gráfica das actividades realizadas.

Requisitos específicos
Estar matriculado/a nas titulacións oficiais de: Grao en Belas Artes / Mestrado Universitario Oficial en deseño e dirección creativa en moda.

Criterios específicos de selección
Nota media do expediente académico calculada segundo o disposto no protocolo do sistema universitario galego establecido na Resolución de 15 de setembro de 2011 (DOG do 30 de setembro) no caso de estudos de grao ou continuación de mestrado oficial de mais de 60 créditos e nota de acceso para o estudantado que inicia estudos de mestrado oficial: máximo 4 puntos
Nota da materia superada directamente vinculada coa formación:
“Xestión, ámbito artístico e mundo profesional” do Grao en Belas Artes: máximo 1,5 puntos
“Arte e contemporaneidade” do Grao en Belas Artes: máximo 1,5 puntos
Cursos de formación relacionados co manexo de equipos informáticos, electrónicos e de fotografía, e coas ferramentas e técnicas empregadas na montaxe de exposicións: máximo 3 puntos
Ao estudantado que teña concedida no curso 2021/2022 unha bolsa MEFP, unha bolsa comedor ou axudas propias da UVigo concederáselle 1 punto adicional

Comisión de selección
Presidenta: Eva María Lantarón Caeiro, vicerreitora do Campus de Pontevedra.
Vogais: Xosé Manuel Buxán Bran, decano da Facultade de Belas Artes, María Consuelo Matesanz Pérez, profesora da Facultade de Belas Artes, Manuel Morquecho Barral, director da área de dinamización cultural, educativa e integración, Campus de Pontevedra.
Titor/a María Consuelo Matesanz Pérez, profesora da Facultade de Belas Artes.
Dedicación: 15 horas semanais.
O horario determinarase atendendo ás obrigas académicas da persoa beneficiaria.

Máis información aquí

Convocatoria bolsas