8 mulleres para o 8 M: Tacita Dean

Tacita Dean 'Fatigues' (2012)

A profesora e artista Silvia García achéganos á obra de Tacita Dean, sobre quen comenta:

“Interésame o traballo de Tacita Dean porque parece partir da fraxilidade da memoria. Mestura formatos, materiais fráxiles e efémeros (como o xiz sobre pizarra) con traballo de arquivo e reflexa as súas investigacións en libros de artista e en pezas de cine en 16mm”.

En concreto, fálanos da obra Fatigues:

“Unha das pezas que máis me impresionou foi unha instalación feita para a Documenta 13: Fatigues. Nun antigo local de dúas plantas atopabas as súas pezas de xiz sobre pizarra, a escala deses enormeis paneis, coas impresionantes montañas de Afganistan e o río (na planta baixa estaban as imaxes referentes ao río e na planta alta as montañas), a escala do proxecto e as pequenas anotacións que ías descubrindo no percorrido facían que a experiencia sensitiva quedara fixada na memoria”.