Exposición Vacas, cerdos, ferias y brujas

Vacas, cerdos, ferias y brujas

Vacas, cerdos, ferias y brujas

Inauguración: 14 de maio ás 13h
Artistas participantes: Andrea Torres, Rebeca Lar, Ventura Pérez

Vacas, cerdos, ferias y brujas é unha exposición colectiva na que participan Andrea Torres, Rebeca Lar e Ventura Pérez. A mostra xorde como colofón das teses de doutoramento dos tres artistas, que se unen nun proxecto baseado nun tema común: a fuxida.

A partir deste concepto polisémico, cada un dos creadores desenvolve parte dun relato expositivo que, contando con instalacións, pintura, montaxes audiovisuais, fotografía e escultura, abrangue as utopías, os feminismos, o animalismo e outras temáticas paralelas.