|
|
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2 36002 Pontevedra fbbaa@uvigo.es 986 80 18 00 |
Dirección Facultade de Belas Artes de Pontevedra. R/ Maestranza, 2 36002 Pontevedra bbaa@uvigo.es 986 80 18 00 Plano de situación ver mapa mais grande Comunicacións e transportes A cidade de Pontevedra está ben comunicada actualmente gracias a unha completa rede de infraestruturas que a conectan cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e incluso internacionais. A autoestrada do Atlántico (AP-9), que atravesa todo o territorio da Comunidade Autónoma galega desde A Coruña ata Vigo, pasa, naturalmente, por esta cidade. Outras importantes vías de comunicación son a autovía das Rías Baixas e a do Noroeste. A primeira enlaza no Porriño coa autoestrada do norte de Portugal que pasa polas cidades de Tui, Braga, Porto, ata enlazar con Lisboa. Por outra banda, a autovía do Noroeste conecta coa cidade de Madrid, con Barcelona e co resto da meseta. Ademais destas tres vías, a rede estatal de estradas comunica Pontevedra con todas as capitais de Galicia. Existen tres posibilidades: • N-550 que une A Coruña co Porriño • N-541, que é a principal vía cara ao interior pasando por Ourense • C-550 que percorre toda a costa, desde Fisterra ata Tui. Estación de autobuses: Rúa da Estación s/n 986 852 408 Por vía férrea: A rede de trens rexionais cubre a totalidade do territorio nacional dende Pontevedra. De feito, existen conexións diarias por tren con Madrid e Barcelona, así como múltiples combinacións con outras cidades da Península. Estación de ferrocarril – RENFE: Rúa da Estación s/n 986 851 313 Información telefónica e reserva de billetes: 902 240 202 Información internacional: 934 901 122 Por avión: Os aeroportos de Peinador en Vigo e Lavacolla en Santiago de Compostela atópanse a tan só 30 e 45 minutos de Pontevedra respectivamente pola autoestrada do Atlántico (AP-9), ambos os dous con conexións diarias con Madrid e con outras cidades de España e de Europa. Aeroporto de Peinador: Avenida do Aeroporto s/n Vigo 986 268 200 Aeroporto de Lavacolla: Estrada Santiago-Lugo km. 11. Lavacolla s/n Santiago de Compostela 981 547 500 |