Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

26/06/2020
Recomendacións para o acceso do alumnado e prazos de retirada de materiais e exercicios. Curso 2019-2020


A retirada de traballos é necesaria para permitir o acondicionamento e limpeza destes espazos de cara á organización do curso 2020-2021. O acceso do alumnado realizarase de forma gradual durante ese período para garantir o cumprimento das condicións de seguridade sanitarias.


ALUMNADO DE 1º, 2º e 3º CURSO DE GRAO EN BBAA
A retirada de traballos de 1º, 2º e 3º curso realizarase durante a primeira quincena de setembro para proceder despois ao acondicionamento e limpeza destes espazos polo persoal de limpeza e de mantemento do centro.

(Os traballos que actualmente ocupan a aula de 2º de pintura (espazo 27/28/29) quedarán depositados nas caixoneiras da aula e retiraranse a primeira quincena de setembro.)


4º CURSO DE GRAO EN BBAA e Alumnado de Mestrado e Doutoramento.
Retirada de traballos desde o luns 6 de xullo ao venres 10 de xullo, en horario de 9,30 a 18 h.

Co fin de organizar o acceso, enviade un correo antes do 2 de xullo dirixido a tudela@uvigo.es e consfba@uvigo.es  co asunto RETIRADA DE MATERIAIS, indicando: o día ou días e a franxa horaria en que se pode pasar a recoller os traballos, así como os espazos aos que se quere acceder. Asignaranse as citas de maneira que non coincidan varias persoas na entrada e saída nin no mesmo espazo.

. Acceso con luvas e máscara.
. Só poderá acceder ao centro o alumnado que o solicitou. Calquera outra persoa terá que esperar fóra do centro.


Javier Tudela
Vicedecano de Calidade
Facultade de Belas Artes de Pontevedra

* Podes descargar este mesmo documento en Pdf aquí



volver