Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

27/11/2019
Charla con Bego M. Santiago. O cinema como desbordamento


CHARLA DE BEGO M SANTIAGO.
MARTES 3 DE DECEMBRO. 16:30 h
LUGAR: ESPAZO 16. FACULTADE DE BELAS ARTES.  

 
O martes 3 de decembro a Facultade de BBAA contará coa presenza de Bego M Santiago (www.begomsantiago.com), ás 16:30 no Espazo 16. Portas abertas.  
 
Bego M Santiago é unha artista visual afincada en Berlín, que estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, formación que continuou na Universidade de Valencia co Mestrado en Arte e Tecnoloxía, ​despois do cal trasladouse a Praga onde foi profesora no departamento de Cinema e Animación da Facultade de Arte, Arquitectura e Deseño de Praga (Charles University). No seu CV, que adxuntamos en PDF, pódese ver a súa interesante traxectoria artística, que comezou moi nova, antes de licenciarse, e que acumula en continuidade bolsas, premios importantes e exposicións internacionais en Europa, Asia ou e EEUU. Expuso recentemente no Metropolitan Pavilion de New York durante a Armony Show Week (Scope Art Fair) e na Art Basel Miami. Nesta última o Bechtler Museum of Modern Art (NC, USA) adquiriu para a colección permanente unha das súas videoesculturas.
 
Estamos ante un caso atípico e estimulante o de Bego M Santiago, pola súa orixinal indagación audiovisual desde a arte dixital, sendo tamén moi particular a súa faceta de artista- tecnóloga do chamado “cinema expandido”, moi relacionado co “live cinema”. Herdeira da cultura musical urbana e a escea rave e techno. Adiantada en España no uso de softwares de mapping e control de video no espazo, como Modul8 ou Madmapper (programa que testou antes de sair ao mercado), sendo pioneira nun contexto masculinizado. Santiago é “proxeccionista de murais inmersivos”, creadora de cinema-instalacións, facedora de video-esculturas interactivas.  
 
Aínda que traballa con estes programas de "mapping", non lle gusta usar a este termo polo uso espectacularizado desta práctica. Ela prefire incidir en que traballa con luz, esculpe un espazo escuro e dálle volume e vida, servíndose de dispositivos electrónicos, computador, software e proxectores. Este tipo de prácticas performativas de vídeo en directo están a achegar ideas ao medio, explorando novas narrativas, novas pantallas e ofrecendo unha das propostas máis frescas e arriscadas para a linguaxe do cinema desde o campo da arte contemporánea. 
 
Adentrémonos no universo fluído de Bego M Santiago e deixémonos envolver por esa experiencia entre o cinema experimental e a arte dixital, nesta proposta que proxecta sobre os obxectos imaxes íntimas, oníricas e surrealistas, para cuestionar a nosa percepción e difuminar os límites do propio medio audiovisual. Animádevos a vir e escoitar a súa experiencia!! 
 
Exemplos da súa obra:
vimeo.com/277120620
vimeo.com/64225728
vimeo.com/353902426

CV Bego M. Santiago aquí
 
Organiza: Departamento de Pintura. 
Presenta: Xisela Franco. 
Facultade de Belas Artes. Universidadede Vigo. 



volver