Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

25/10/2019
Taller de "escultura" con RODRÍGUEZ-MÉNDEZ


EN LOS MONTES, MONTE SOY*
El propósito de construcción de una obra y el ser espectador de sí mismo
* do poemario Versos sencillos de José Martí, año 1891

IMPARTIDO POR: RODRÍGUEZ-MÉNDEZ

DATAS
6 de novembro de 2019  Horario: 16.30 a 18.30h
13 e 20 de novembro de 2019  Horario: 16.30 a 20.30h

DURACIÓN
10 horas

DESCRICIÓN
O taller trata de penetrarse no feito do facer desde a influencia do íntimo. Facer desde a experiencia do silencio do privado e o xuízo que emite a esixencia da construción dunha obra. Todo este proceso está vertebrado pola figura da testemuña que usaremos no taller, un observador que nos converte en espectadores de nós mesmos. Unha exposición final na facultade pechará o taller a modo de concluír o feito de mostrar e o verse. En los montes, monte soy ten pois a ambición de "gardar" en nós o ter experimentado nalgún momento o estado de ser e estar en presenza.

OBRA
En los montes, monte soy son traballarase baixo a linguaxe da escultura, realizaranse obras e proxectos desde o primeiro momento do taller e presentaranse en contexto coas obras anteriores realizadas e seleccionadas
polos asistentes. As clases destinaranse a sesións críticas e de análises
que permitan axustar os proxectos até a súa elaboración final.

PREVIO AO PRIMEIRO DÍA DO TALLER

Os asistentes ao taller teñen que elaborar unha selección das súas obras e/ou textos (poéticos, títulos..) para mostrar na aula. Deben realizar tamén dúas obras de pequena escala (que caiban na palma da súa man pechada) influídas polo ámbito familiar.

EXPOSICIÓN
Baixo o mesmo título do taller En los montes, monte soy presentaranse todas as obras producidas durante o taller na facultade.

Mail para anotarse: lolivera@uvigo.es




volver