Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

22/10/2019
Taller de “Escultura” impartido por Jorge Perianes


Datas: 24 e 29 de Outubro e 7 de Novembro do 2019

Horario de 16:30 a 20:00 h.  Duración 10 horas

Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Obxectivos: Partindo dunha exposición persoal teórico-plástica, a modo de másterclass, da obra de Jorge Perianes (proceso de traballo, corpo teórico e evolución do mesmo), e tratando tamén de analizar a mesma baixo o marco e contexto do panorama plástico actual galego e español, o obxectivo final do taller é fomentar o autoanálise do alumnado, dando a coñecer, ademais, as distintas posibilidades formais dos múltiples e heteroxéneos materiais contemporáneos e a súa achega á historia da arte recente e futura.

Buscarase un encontro dinámico enfocado finalmente ao debate e á participación no que se reflexionará sobre a interacción actual entre as diferentes disciplinas e as posibilidades infinitas que iso implica.

Preténdese realizar unha exposición final con todos os traballos acabados no taller interactuando coa Sala X da propia Facultade.

Contacto para anotarse ao taller: tudela@uvigo.es




volver