Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

17/10/2019
Actividade de iniciación á risografía ERROR ES BIEN. Publica en Riso



O próximo 31 de Outubro de 2019 celebraremos na Facultade de BB.AA.  a actividade ERROR ES BIEN. Publica en Riso,  enmarcada dentro do programa de Actividades extra-académicas e de difusión cultural da Universidade de Vigo. Poderá participar todo membro da comunidade universitaria.

Dita actividade pretende ser unha iniciación en Risografía a través dun curso no que se tratarán os seguintes temas:

- Presentación da convocatoria ERROR ES BIEN. Publica en Riso.

- Introdución. Do Estarcido á Risografía.

- Funcionamento e mecánica básica dunha máquina RISO SF9350.

- Iniciación en edición e maquetación en Indesign.

Todo aquel que queira participar debe apuntarse previamente ao seguinte email erroresbien@gmail.com indicado nome e apelidos. Reenviarase un email de confirmación indicando o horario e espazo. A actividade terá unha duración de tres horas cun descanso intermedio. 

Coordinación:  Marcos Covelo



volver