Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

17/10/2019
Oportunidades Organización Internacional del Trabajo (OIT)


A Organización Internacional del Trabajo (OIT) ofrece novas oportunidades en diferentes ámbitos. O obxectivo do programa é brindar a oportunidade de adquirir experiencia no seo da OIT. 

Esta é a plataforma de contratación en liña en da OIT, mediante o sitio web:

https://jobs.ilo.org/

Actualmente hai anunciadas 57 prazas. As solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, mediante a plataforma en liña, do 11 ao 22 de outubro de 2019 inclusive (ás 23:59 horas, hora central europea). A próxima lista de vacantes propostas publicarase en maio de 2020.

Os candidatos interesados deberán reunir os seguintes requisitos:

*       Estar a cursar estudos universitarios (último ano de mestrado ou nivel
superior) ou terminar os seus estudos como máximo un ano antes de presentar a súa candidatura.

*       Ter bos coñecementos (verbais e escritos) de polo menos un dos
idiomas oficiais da OIT (inglés, francés ou español).

·         Ser capaces de adaptarse a unha contorna internacional, multicultural
e multilingüe, e dispor de boas aptitudes de comunicación e capacidade para traballar en equipo.

Unha vez presentada a solicitude, o perfil do candidato porase a disposición dos departamentos da OIT concernidos. Tras unha primeira selección a cargo do Departamento de Desenvolvemento dos Recursos Humanos (HRD), os departamentos e/ou as oficinas sobre o terreo realizarán unha preselección dos candidatos. Acto seguido, contactarase directamente aos candidatos se o seu perfil corresponde a unha das pasantías vacantes. Os candidatos que non fosen contactados pola OIT nos seis meses posteriores á presentación da súa candidatura deberán considerar que non foron seleccionados.

Para información adicional: internship@ilo.org 




volver