Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

25/06/2019
"A exposición" TFM BBAA no Museo de Pontevedra



Ao longo desta década, o Museo de Pontevedra foi cómplice da Facultade de Belas Artes mediante das propostas que os alumnos do mestrado en Arte Contemporánea: Creación e Investigación desenvolvían como traballo final. Unha exposición que non pretendía ser o colofón a unha actividade académica, senón que, mediante o título, proxectaba o desexo de continuar e profundar na arte como esa ferramenta que articula o coñecemento e asenta o imaxinario colectivo en favor dunha cultura epocal.

Esta convocatoria, pertencente ao curso 2018-2019, é a última no referente á actividade do Mestrado en Arte Contemporánea, pero máis aló deste final de ciclo académico, a relación da Facultade de BBAA co Museo de Pontevedra manterase a través de convenios e proxectos que fortalecerán, aínda máis, o compromiso de ambas as institucións coa arte e a cultura en Galicia. 

Todas as exposicións son diferentes; e esta mostra non pasará desapercibida, xa que detrás das obras que presentan hai moitas horas de clase, consellos e orientacións de titores, encontros con artistas e investigadores, traballos nos obradoiros e tamén o sincero agradecemento, por parte dos novos artistas, cara a unha institución co prestixio do Museo de Pontevedra.  Presentamos a novos artistas e novas sensibilidades, que sintetizan e constrúen, baixo a mirada nerviosa da súa curiosidade, outra concepción da arte. Unha nova arte, unha vez máis, exhibida baixo o título de “A  Exposición”, unha forma silenciosa de declaración rotunda.

Chelo Matesanz//Juan Carlos Román
Coordinadores de A EXPOSICIÓN, 2019 e docentes do mestrado



volver