Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

01/11/2018
Curso-taller Fab Lab no campo expandido. Planificar-construir


PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO. CURSO GRATUITO

O obxectivo do taller é desenvolver competencias ligadas á planificación e construción de instalacións artísticas, analizando as distintas fases do proxecto dun caso de estudio: Birdwatching, un proxecto artístico de Paul Guy, comisariado por Anxela Caramés.

Birdwatching presentouse na Cidade da Cultura en maio de 2018, formando parte de (Reb)veladas na Paisaxe, un ciclo de tres intervencións artísticas nos espazos naturais do Gaiás. Neste taller teórico-práctico exponse a adaptación do proxecto trasladándoo á contorna da Facultade de Belas Artes. Birdwatching achega un observatorio de paxaros como nova infraestrutura para a Facultade. O seu uso está destinado a calquera visitante e anímase ao alumnado a participar no desenvolvemento de novos contidos e a reflectir as súas impresións sobre o contexto urbano e académico onde estará situado.

Anxela Caramés:  comisaria, crítica de arte e xestora cultural. Doutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (2016) e Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1999).

Paul Guy: a partir de 1991 en Nova York traballa e colabora con distintos profesionais, incluíndo o estudo de Richard Meier and Partners Architects, o crítico de arte William S. Wilson, Ray Johnson. Traballou na produción e coordinación de exposicións en varias galerías de arte neoiorquinas. Desde 2003 forma parte do equipo do MARCO de Vigo.

PROGRAMA

Xoves 8 Novembro (9:30-13.30)
Presentación do proxecto. Anxela Caramés aborda cuestións relacionadas co comisariado da instalación e Paul Guy fala sobre o deseño, construción e montaxe. Expóñense cuestións sobre de como adaptar o proxecto á nova contorna e lograr a implicación dos alumnos. 
Comisariado de exposicións: introdución ás dinámicas de traballo e xestión a través de proxectos expositivos desenvolvidos por Anxela Caramés.

Venres 9 Novembro (9.30-13:30)
Montaxe de exposicións: Paul Guy analiza desde un punto de vista técnico e práctico algunhas das montaxes realizadas no MARCO. Recursos empregados, deseño, loxística e solucións técnicas.

Xoves 15 Novembro (9.30-13.30)
Montaxe da obra Birdwatching xunto co artista e a comisaria na Facultade.

Venres 16 Novembro (9.30-13.30)
Finalización da montaxe. Colocación de fichas. Avaliación do resultado. 

*Inclúese un exercicio práctico/técnico acerca de cuestións de comisariado e montaxe de exposicións que o alumnado realizará en grupo (2 sesións de 2 horas)


INSCRICIÓN aquí

                




volver