Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

08/05/2018
XORNADA: A CREACIÓN DUN NOVO MARCO: Buzón de Ideas. Os centros de arte contemporánea en Galicia ¿crise ou oportunidade?

                                
XOVES ·  10 DE MAIO 
DE 10:30 A 13:30
ESPAZO 16

Organizada pola Facultade de Belas Artes e impulsada por membros de diferentes colectivos, xorde ante a situación de crise xerada no MARCO, que provocou a movilización e manifestación da práctica totalidade da comunidade artística nunha reivindicación común.  

O obxetivo é conformar unha posta en común que visibilice as distintas experiencias, focos de traballo e actuacións que se están a realizar por distintxs axentes artísticxs e colectivos a nivel autonómico. Ante a importancia de coñecer o noso contexto artístico, esta xornada abrangue unha parte fundamental na formación do alumnado, funcionando tamén como espazo profesional onde compartir e comunicar as problemáticas e dificultades existentes na situación actual do sector.

Cun plantexamento horizontal, os temas e vías de diálogo serán abertos a partir de dez intervencións,  mais todxs xs participantes terán a mesma relevancia e os mesmos tempos de intervención, de entre cinco e dez minutos. 

Entre as persoas participantes interveñen: Carme  Nogueira, artista e membro de distintos colectivos (A Colectiva/ AVAG/MARCO#AsiNon); Miguel Anxo Rodríguez, profesor da USC e historiador da arte; Ania González, critica cultural e abogada; Berio Molina, artista,membro e co fundador de distintos colectivos; Clara Rodríguez, responsable de proxectos e co-fundadora de 7H Cooperativa Cultural; Carlos Bernárdez, historiador da arte, comisario e crítico cultural,  Daniela Sarraino, ex presidenta da AAM, Agrupación de Amigos do Marco; Isaac Pérez Vicente, artista e coordinador na AVAG (1997-2000); Iria Vázquez, artista e vicepresidenta de A Colectiva  e Julio Gómez, historiador, xestor cultural e investigador sonoro, entre outras.


Coordinadoras
Xisela Franco e Iria Vázquez

Comunicación e Documentación
Sara Donoso e Eva Monroy

Organiza
Departamento de Pintura
Facultade de Belas Artes de Pontevedra




volver