Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

05/04/2018
Oferta de emprego - contrato con cargo a proxecto CAPuS Knowledge Alliance 2018-2020 Conservation of Art in Public Spaces


Achégase información relativa ao proceso de selección para a contratación de persoal de investigación para o proxecto CAPuS Knowledge Alliance 2018-2020 Conservation of Art in Public Spaces


Requisitos das/os candidatas/os:

Titulacións requiridas: doutor/a

- Experiencia investigadora en caracterización de materiais usados en arte urbano e do seu deterioro

- Capacidade de traballo en equipo

- Nivel de inglés alto.

- Publicacións científicas no ámbito.

Traballo a levar a cabo e condicións contractuais: Apoio as actividades investigadores e de execución do proxecto CAPuS.

Duración: ata 31 de agosto de 2018.

Data estimada de incorporación: 1 de maio de 2018.

Retribución: Contrato laboral cunha dotación de 1790 € brutos ao mes (xornada a tempo completo)

Lugar de traballo: Edificio Miralles.


Proceso de Selección:

Realizarase segundo o CV actualizado en base a experiencia investigadora (participación en proxectos, estadías, publicacións en revistas incluídas no SCI) e a unha entrevista persoal (se fose preciso).

O proceso selectivo será resolto pola coordinadora e equipo do proxecto CAPUS na Universidade de Vigo. As persoas que se presenten e non acaden o contrato quedarán incluídas nunha lista de reserva.

Envío de solicitudes e CVs a: trivas@uvigo.es (Teresa Rivas). 

Data límite de envío: 13 de abril de 2018.




volver