Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

16/03/2018
Charla de María Marco #elfuturoeraesto


Luns 19 de marzo, 16.45 Espazo 16


#elfuturoeraesto

Produción crítica e comisarial postinternet

María Marco


Que son as narrativas dixitais e por que o futuro da comunicación en liña aposta por elas mediante o uso do audio e o vídeo en detrimento do texto?, como inflúen na produción e distribución de contidos críticos ou curatoriais de arte contemporánea? A creación de podcasts, a emisión de radio e música por streaming, a creación de canles de Youtube, a emisión de series en Netflix, a Realidade Aumentada ou o auxe de redes sociais baseadas no imaxinal como Instagram, converten á imaxe -imaxe en movemento- dixital na principal e máis prezada fonte metabólica do noso consumo en liña.

Nesta sesión imos profundar na creación de contidos artísticos dixitais desde a crítica e o comisariado de arte: contexto, obxectivos, modelos, audiencias etc. percorrendo os exemplos máis representativos da produción contemporánea tanto local como nacional ou internacional.


Organiza: Departamento de pintura

(Almudena Fernández Fariña. Arte e contemporaneidade, 3º)




volver