Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

10/02/2018
Charla de Antoni Muntadas (ciclo "Investigación en curso")

O ciclo Investigación en curso ten como obxectivo achegar diferentes perspectivas sobre a creación e os procesos de investigación contemporánea a través da participación de profesionais do sector: artistas, xestores culturais e historiadores da arte que aportarán as súas experiencias e visión do panorama da arte contemporánea nacional e internacional.

O ciclo, que constará de catro sesións, iníciase o vindeiro xoves día 15 cunha charla do artista Antoni Muntadas.

Xoves 15 de febreiro. Charla de Antoni Muntadas: A metodoloxía do proxecto

Casa das Campás ás 16:30h

Antes da inauguración da súa exposición individual Estratexias do desprazamento no CGAC de Santiago (o sábado 17 de febreiro), Antoni Muntadas falaranos da súa traxectoria artística e dos procesos de investigación. Artista de referencia internacional, Muntadas compaxina a súa práctica creativa coa docencia. Ata 2014 impartiu clases no MIT (Massachusetts Institute of Technology) e actualmente é profesor da Universidade IUAV de Venecia.

*Con certificado de asistencia. Conta como actividade de doutoramento. (Para poder obter o certificado é necesario inscribirse no ciclo completo enviando un mail con nome e apelidos a Secretaría de decanato: sdfba@uvigo.es)




volver