Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

04/01/2018
Convocatoria Bolsas Erasmus+ Estudos 2018-2019


Resolución reitoral do 29 de decembro de 2017, pola que se fai pública a Convocatoria de Bolsas Erasmus+ Estudos 2018-2019

Requisitos:

  • Os/as estudantes deberán estar matriculados na Universidade de Vigo no curso 2017-2018. Deberán matricularse na UVigo no curso no que se realizará a estadía (2018-2019) como mínimo no 2º curso de carreira ou estar a realizar o proxecto de fin de carreira.
  • Ter un nivel de coñecemento do idioma esixido para o país de destino.
*Cada unha das prazas ten requisitos específicos que poden comprobarse nos Anexos da convocatoria.

Contía:

A contía da axuda verá determinada polo país da estadía: 

  • Grupo 1: Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Reino Unido e Suecia: 300 €
  • Grupo 2: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Francia, Grecia, Italia, Malta, Paises Baixos e Portugal: 250 €
  • Grupo 3: Macedonia, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía e Turquía: 200 €

Prazo de presentación de solicitudes:

  • 1º periodo: ata o 25 de xaneiro de 2018
  • 2º periodo: do 18 de setembro ao 5 de outubro de 2018 (só para estudantes de máster cunha duración de 60 créditos matriculados para o curso 2018-2019)

O  formulario de presentación está dispoñible na Secretaría Virtual da UVigo, no apartado "Formulario e Enquisas".

Pincha aquí para acceder a toda a información



volver