Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

24/10/2017
Charlas + obradoiro. Mulleres detrás da cámara: o relato autobiográfico.

Dúas cineastas galegas nos achegan a algúns dos seus referentes creativos así como a súa maneira de traballar e entender o cinema.

Andrea Zapata-Girau viaxará a través de diferentes creadoras que traballan co relato autobiográfico. Tamén se comentarán framentos da súa propia filmografía e animarase aos alumnos a realizar un exercicio práctico en torno aos exemplos tratados nas dúas sesións (de mañán e tarde).

Xisela Franco realizará unha aproximación a algunhas das súas películas artísticas ao tempo que estas lle sirven de fío para transitar por conceptos como o "cinema en primeira persoa", "cinema ensaio", "ciema de proceso", ou "cinema de museo". Vinculada dende fai 15 anos ao cinema experimental e á arte contemporánea, esta creadora traballa xustamente nesa intersección desde a que alumea novos camiños teórico-prácticos para o cinema contemporáneo.

Charla Andrea Zapata-Guirau: mércores 25 as 12:00h
Charla Xisela Franco: xoves 26 as 12:00h

Obradoiro:
Mércores 25 e xoves 26 de outubro de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h

As actividades terán lugar na Facultade de Belas Artes para obter un certificado de asistencia é necesario enviar un email co nome e apelidos e email a sdfba@uvigo.es.

Esta actividade conta co patrocinio da unidade de igualdade da Uvigo.



volver