Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

19/10/2017
V convocatoria programa IACOBUS



A V convocatoria do programa IACOBUS permitirá que PDI, persoal investigador e PAS das universidades da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal realicen estadías nas universidades participantes no programa co gallo de contribuir a fomentar a cooperación entre as institucións de Ensino Superior de Galiza e do Norte de Portugal.

As Bases, acompañadas doutra información de interese, están publicadas na Plataforma Web do IACOBUS:

http://iacobus.gnpaect.eu/gl/descargas

As estadías da Convocatoria do Programa IACOBUS deberanse levar a cabo dende o 1 de febreiro ata o 30 de xuño de 2018.

A elaboración e presentación das candidaturas efectuarase a partir do día 23 de outubro de 2017 e ata o día 19 de novembro de 2017 ás 23:59 h (hora española).

O anexo I, de invitación para recibir aos participantes portugueses deberá ir asinado por: 

 -No caso do PDI e dos investigadores no marco de programas, polos directores/as de departamento correspondentes.

- No caso do PAS, polo responsable do servizo correspondente. 

O anexo II no que se autoriza aos/ás solicitantes a participar no programa deberá ir asinado por:

 -No caso do PDI e dos investigadores no marco de programas, polos directores/as de departamento correspondentes.

-No caso de investigadores no marco de proxectos, polos investigadores principais.

-No caso do PAS, pola Xerencia. 

Prégase o envío dunha copia escaneada destes documentos á ORI (Oficina de Relacións Internacionais)

- Modalidades de pagamento: PDI (Persoal docente e investigador) 600 euros por semana, duración mínima dunha semana e máxima de dúas; PAS (Persoal Administrativo de Servizos) 600 euros por semana, máximo unha semana; Persoal investigador 800 euros ao mes, mínimo un mes e máximo tres.




volver