Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

26/09/2017
Da arte sonora e da música contemporánea (2ª edic.)


Conferencia

Dror Feiler
O non ensino da composición ou o erro coma necesidade

Facultade de Belas Artes
Espazo 16
13:00 h.
Venres, 29 de setembro

Tentáchelo? Fracasaches? Téntao de novo. Fracasa outra vez. Fracasa mellor.
É moi difícil escoitar. Moi difícil escoitar aos demais, en silencio ou en ruído. Outros pensamentos, outros ruídos, outras sonoridades, outras ideas. Cando un escoita, a miúdo busca atoparse a si mesmo nos outros. Atopar os propios mecanismos, o sistema, a racionalidade dun mesmo, no outro. Esta é unha forma de violencia totalmente conservadora. En lugar de escoitar o silencio e o ruído nun mesmo, en lugar de escoitar aos demais, un espera ouvirse a si mesmo unha vez máis. É unha repetición que se volve académica, conservadora, reaccionaria. É unha parede contra os pensamentos, contra o que non é posible, mesmo hoxe, explicar. É a consecuencia dunha mentalidade sistemática, baseada na priori (interna ou externa, social ou estética). Amamos o confort, a repetición, os mitos; á xente encántalle escoitar sempre o mesmo, con esas pequenas diferenzas que permiten mostrar a súa propia intelixencia.

Erro
Se hai un sentido da realidade, tamén debe haber un sentido da probabilidade.
Non é correcto que se eliximos algo, sexa único e adecuado; talvez o que non se elixiu é máis adecuado. No traballo no estudo, na música electrónica, é así. Hai moitos
accidentes, casos, erros? erros que teñen unha enorme importancia. Por tanto, o erro é o que vén romper as regras.

O que eu / nós anhelamos
Un pensamento musical que transforme o pensamento / escóita dos músicos, en lugar de proporcionarlles novas fórmulas como detrezas que lles permitan facer a así
chamada música contemporánea.

Espertar o oído
Talvez é posible tratar de espertar o oído. Espertar o oído, os ollos, o pensamento humano. A extrema interioridade exteriorizada. Iso é o esencial na música e nas artes hoxe en día.

Dror Feiler, nace en 1951 en Tel Aviv, Israel. Vive en Suecia desde 1973. Intérprete de saxofóns (soprillo, sopranino, soprano, alto, tenor e baixo), clarinete en sib, corno inglés, clarinete contrabaixo e sistemas de son computarizados. Compositor de música para ensembles e orquestras en Suecia, Rusia, Yugoslavia, Serbia, Bosnia, Croacia, Gran Bretaña, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Bielorrusia, Ucraína, Letonia, Austria, Suíza, Francia, Israel, Palestina, Noruega, Alemaña, Xapón, Colombia, México, Estados Unidos, Brasil, Arxentina e España durante os últimos 40 anos.
Co seu ardente sentido da vocación Dror Feiler é recoñecido como un dos principais músicos, compositores e improvisadores de Suecia, e clama pola igualdade de status entre a música improvisada e a composición;Non podemos deixar de notar como a práctica da composición, con toda a súa historia, levounos de novo ás orixes de toda a música: a improvisación. A improvisación pode ser interpretada como un acto instintivo de tratar de lograr a emancipación nunha sociedade burocrática e tecnocrática”. Nos últimos anos, a súa reputación como músico e compositor está a crecer rapidamente e algunhas dos máis importantes ensembles e orquestras europeas lle encomendaron novas obras (Klangforum Wien, Ensemble Modern, Neo, Vertixe Sonora).
Ten escrito para e traballado con: Ensemble Modern (Francfort), Zeitkratzer ensemble (Berlín), Ensemble 20. Jahrhundert (Wien), Klangforum Wien, KammarensembelN (Estocolmo), X-pol ensemble (Bremen), Kroumata Pärlor för svin (Estocolmo), Neo (Suecia), Symphonieorchester deas Bayerischen Rundfunks, SWR Symphonieorchester.
Ten escrito e traballado con músicos coma: Blixa Bargeld, Merzbow, Mats Gustavsson, Erik Drescher, Carine Levine, Hans-Onda Ericsson, Zbigniew Karkowski, Evan Parker, Fred Frith, Tom Cora, Charles Morrow, Phil Minton, Vladimit Tarasov, Juri Kusnetsov , Shoji Hano, Sergej Kuryuchin, Werner Lüdi, V. Chekasin. Kristine Scholtz e Mats Persson, Sten Sandell, Meira Asher, Rosemary Hardy, Mikael von Hauswolf, Leif Elggren, Kent Tancred, m.fl. Ao falar da súa música demostra unha vontade por relacionar música e realidade;Quero dirixirme aos problemas da vida: Beat the White the rede wedge(Revolución); Schlafbrand (Segunda Guerra Mundial); Dexa que os millonarios se ispan (vinganza dos pobres); Intifada e Halat Hisar (conflito israelo-palestino). A estética en si mesma non me interesa. Inda máis, penso que é perigosa. Cando compoño ou toco non busco a beleza, senón a verdade". A miúdo describe –cun longo fortissimo– unha loita violenta, pero en relación a Maavak (loita) di: "Maavak non describe a loita, Maavak é a loita". Dror Feiler mantense activo traballando solidariamente no contexto israelí-palestino desde 1970 (foi un dos iniciadores de "Ship to Gaza Sweden" e é un dos portavoces da organización) e estivo involucrado na pacificación de Colombia desde mediados da década de 1990.



volver