Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

06/06/2017
Iso segue o seu curso 2017




Iso segue o seu curso 2017. Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación.

Inauguración: xoves 8 de xuño ás 20.00 h

Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Datas: Do 8 de xuño ao 9 de xullo de 2017


Iso segue o seu curso 2017 é unha nova edición (a quinta xa) na que a Deputación de Pontevedra, o Museo de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo aúnan esforzos para promover mediante unha exposición as novas carreiras artísticas que xorden dende o Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación que impártese na nosa Facultade de BB.AA. do Campus de Pontevedra.

Diplomados deste posgrao amosarán no Sexto Edificio, o espazo artístico máis importante da cidade do Lérez, as investigacións plásticas que no eido da pintura, escultura, instalación, fotografía e vídeo viñeron desenvolvendo ao longo deste curso académico. E se variados son os formatos que vemos na sala aínda máis plurais son os diversos intereses, asuntos e conceptos que vertebran as obras expostas.

Un proxecto expositivo no que as tres entidades organizadoras convidan á cidadanía e aos visitantes do Museo non só a contemplar ás obras e creacións destes novos valores da arte galega se non, e sobre todo, a facelos copartícipes das súas inquedanzas e devezos de pensamento.

Na Presentación do Proxecto o día da Inauguración estarán:

O Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra

O Director do Museo de Pontevedra

O Vicerreitor do Campus de Pontevedra

A Decana de Belas Artes

A Directora do Mestrado

A Co-coordinadora da Exposición



volver