Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

11/01/2020
Ofertas voluntariado UVigo


O programa de voluntariado ten en conta todos os ámbitos de actuación nos que podes actuar como entidade colaboradora ou persoa voluntaria: apoio a estudantes ou persoas con necesidades especiais, infancia, xuventude, maiores, muller, minorías, saúde, consumo, educación, novas tecnoloxías, medio ambiente, ocio e tempo libre...

Obxectivos:

  • Promover a integración do alumnado propio na realidade social e universitaria 
  •  Fomentar a participación en actividades voluntarias, que desexe encarreirar as súas inquedanzas sociais, cooperativas e solidarias. 
  • Difundir información sobre as actividades de carácter social 
  • Propiciar e colaborar no desenvolvemento de estudos e traballos sobre temas relacionados co voluntariado e coa problemática social da contorna.
Pódense validar 30 horas de voluntariado por un crédito ECTS

Neste enlace podedes consultar todas as actividades de voluntariado.


13/12/2019
Catálogo Do final e do comezo 2019

Por fin temos o catálogo "Do final e do comezo 2019" con traballos de graduad@s en Belas Artes. Con esta publicación anual, que parte dunha exposición homónima realizada no Pazo da Cultura de Pontevedra, preténdese visibilizar o resultado e calidade dos traballos do TFG  do alumnado de último curso de grao, servindo como carta de presentación e como experiencia cara o mundo profesional.

Aquí vos deixamos o Pdf para a súa consulta ou descarga. 
Esperamos que o disfrutedes!



13/12/2019
Iñaki Pérez Folgado gaña o II Concurso do Proxecto de Intervención Artística na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo

lñaki Pérez Folgado foi o gañador do  II Concurso do Proxecto de Intervención Artística na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo co proxecto Ao Son do Sol.

O xurado destacou a calidade artística da proposta e a súa integración conceptual, o diálogo espacial e adecuación estética co contexto e o contorno do espazo a intervir. 

Acta do xurado aquí

Ao Son do Sol de Iñaki Pérez Folgado


27/11/2019
Charla con Bego M. Santiago. O cinema como desbordamento

CHARLA DE BEGO M SANTIAGO.
MARTES 3 DE DECEMBRO. 16:30 h
LUGAR: ESPAZO 16. FACULTADE DE BELAS ARTES.  

 
O martes 3 de decembro a Facultade de BBAA contará coa presenza de Bego M Santiago (www.begomsantiago.com), ás 16:30 no Espazo 16. Portas abertas.  
 
Bego M Santiago é unha artista visual afincada en Berlín, que estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, formación que continuou na Universidade de Valencia co Mestrado en Arte e Tecnoloxía, ​despois do cal trasladouse a Praga onde foi profesora no departamento de Cinema e Animación da Facultade de Arte, Arquitectura e Deseño de Praga (Charles University). No seu CV, que adxuntamos en PDF, pódese ver a súa interesante traxectoria artística, que comezou moi nova, antes de licenciarse, e que acumula en continuidade bolsas, premios importantes e exposicións internacionais en Europa, Asia ou e EEUU. Expuso recentemente no Metropolitan Pavilion de New York durante a Armony Show Week (Scope Art Fair) e na Art Basel Miami. Nesta última o Bechtler Museum of Modern Art (NC, USA) adquiriu para a colección permanente unha das súas videoesculturas.
 
Estamos ante un caso atípico e estimulante o de Bego M Santiago, pola súa orixinal indagación audiovisual desde a arte dixital, sendo tamén moi particular a súa faceta de artista- tecnóloga do chamado “cinema expandido”, moi relacionado co “live cinema”. Herdeira da cultura musical urbana e a escea rave e techno. Adiantada en España no uso de softwares de mapping e control de video no espazo, como Modul8 ou Madmapper (programa que testou antes de sair ao mercado), sendo pioneira nun contexto masculinizado. Santiago é “proxeccionista de murais inmersivos”, creadora de cinema-instalacións, facedora de video-esculturas interactivas.  
 
Aínda que traballa con estes programas de "mapping", non lle gusta usar a este termo polo uso espectacularizado desta práctica. Ela prefire incidir en que traballa con luz, esculpe un espazo escuro e dálle volume e vida, servíndose de dispositivos electrónicos, computador, software e proxectores. Este tipo de prácticas performativas de vídeo en directo están a achegar ideas ao medio, explorando novas narrativas, novas pantallas e ofrecendo unha das propostas máis frescas e arriscadas para a linguaxe do cinema desde o campo da arte contemporánea. 
 
Adentrémonos no universo fluído de Bego M Santiago e deixémonos envolver por esa experiencia entre o cinema experimental e a arte dixital, nesta proposta que proxecta sobre os obxectos imaxes íntimas, oníricas e surrealistas, para cuestionar a nosa percepción e difuminar os límites do propio medio audiovisual. Animádevos a vir e escoitar a súa experiencia!! 
 
Exemplos da súa obra:

CV Bego M. Santiago aquí
 
Organiza: Departamento de Pintura. 
Presenta: Xisela Franco. 
Facultade de Belas Artes. Universidadede Vigo. 


20/11/2019
CONVOCATORIA DE PRAZAS DE INTERCAMBIO CON EEUU

Publicouse a RESOLUCIÓN REITORAL DE 18 DE NOVEMBRO DE 2019 POLA QUE SE SE ABRE A CONVOCATORIA DE PRAZAS DE INTERCAMBIO CON EEUU PARA O CURSO ACADÉMICO 2020-21 DENTRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIverSIDADE DE VIGO E O ISEP (International Student Exchange Program)

REQUISITOS

a) Requisitos académicos:
a. No caso de estudos de grao (undergraduate): Estar matriculada/o no curso académico 2019-20 nos cursos 2º, 3º ou 4º dos graos que se ofertan na Universidade de Vigo. 
b. No caso de estudos de posgrao (graduate): Estar matriculada/o no curso académico 2019-20 na Universidade de Vigo nunha titulación de mestrado ou doutoramento.

b) Requisitos lingüísticos:
a. Estar obrigatoriamente en posesión e con vixencia do Test of English as a Foreign Language (TOEFL iBT). Ningunha outra acreditación lingüística de inglés será admitida.

c) Non ter renunciado, sen motivo xustificado, a unha praza aceptada na convocatoria ISEP do
curso anterior. 

DOTACIÓN E TAXAS

O alumnado da Universidade de Vigo ten as taxas de matrícula, aloxamento e manutención gratuítos durante a súa estadía na universidade estadounidense. Mais terá que abonar á Universidade de Vigo as seguinte tasas:

a) 4.000 euros no caso de estadía de todo o curso académico. A taxa será
a mesma se o estudante tivese que reducir a súa estadía a un cuadrimestre.
b) Taxas de tramitación e asignación de destino: taxa de tramitación de ISEP (ISEP Exchange Application Fee): 100 dólares
c)  taxa de asignación (ISEP Exchange Placement Fee:  375 dólares

Convocatoria completa aquí

Prazo de solicitudes: Ata 12 de decembro de 2019


18/11/2019
Obradoiro de fotografía con Jürgen Doom

FLASHES E RETRATOS
Obradoiro de Jürgen Doom
Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Venres 22 de novembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
Lugar: Estudio de fotografía. 15 prazas con preinscrición previa

Inscricións: sdfba@uvigo.es
Jürgen Doom é profesor de fotografía en LUCA School of Arts. Tamén traballa como fotógrafo freelance. Ten unha sólida formación técnica, especializándose en fotografía de estudio. Os seus intereses principais son o retrato, a reportaxe e a simbiose entre fotografía e arquitectura.

Este taller propón un achegamento á fotografía con flash: como facelo, que equipos son necesarios, requisitos técnicos e, sobre todo, que pode proporcionar o flash para os fotógrafos. O taller centrarase no retrato.




15/11/2019
Xornadas do Estado da Investigación

Estas Xornadas son unha actividade formativa para o alumnado de 2º  ano do Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea. A actividade consiste en que cada doutorando fai unha presentación breve (20 min) do estado da súa investigación, expondo o tema, obxectivos, metodoloxía, desenvolvemento, fontes, etc... 
A asistencia como oíntes é obrigatoria para o alumnado de 1º ano do programa, pero  tamén pode ser interesante para aqueles estudantes  que estean pensado en realizar estudos de 3º ciclo.

Venres 22 de novembro no Espazo 16

PROGRAMA

MAÑÁ
10:00 Cortizo Franco, Iria
10:30 Molina Quiroga, Berio
11:00 Lafuente Lestón, Fernando María 
11:30 García Calleja, Laura
12:00 DESCANSO
12:30 Martínez Pérez, Sara
13:00 Mortol Moreno, David
13:30 Montesinos Fandiño, Macarena


TARDE
16:00 Gómez Fontaíña, Juan Edgar
16:30 Fraga Costa, Sabela
17:00 Cáceres Flores, Isabel
17:30 Domínguez Rodríguez, Rodrigo
18:00 Fojo Ferrer, Alberto


14/11/2019
Charla con David Fidalgo-Omil


Charla Cine feito con pintura por David Fidalgo-Omil

Martes 19 de novembro ás 11.00h no Espazo 16

David Fidalgo (Lugo, 1989) é graduado en Belas Artes e Mestrado en Álbum Ilustrado e Animación pola Uvigo. Ademais de en numerosas mostras colectivas, expuxo individualmente no Valey Centro Cultural de Castrillón (Asturias), Apostrophe Sala de Arte (Vigo) e UMH (Elche). Obtivo varios recoñecementos en forma de premios e bolsas tanto no ámbito das artes plásticas como no audiovisual, onde participou e participa en festivais de cinema de ámbito nacional e internacional, sendo este mesmo ano preseleccionado aos Goya 2020 á mellor curtametraxe de animación pola súa película HOMOMAQUIA.


12/11/2019
CHARLA DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA - DIEGO ROMERO SUÁREZ LLANOS

Martes 19 de novembro ás 16:30h. Espazo 16. Facultade de Belas Artes

O galardoado director de fotografía DIEGO ROMERO SUÁREZ LLANOS deixa en cada película a súa innegable pegada, como comprobamos en Stop de Pounding Heart, The other side, What You Gonna Do When The World s On Fire?, (dirixidas polo seu inseparable Roberto Minervini). O seu traballo ten pasado por importantes festivais como Cannes, Locarno, Venecia, Leipzig, Toronto Film Festival, ou nos Oscars coa candidata por Uruguai Migas de Pan (de Manane Rodríguez). En Galicia contribuiu á estética do filme galego A Esmorga (de Ignacio Vilar). Outros directores cos que traballou foron Nicolás Pereda, Nuria Ibañez ou Diego e Daniel Vega. Recentemente Love me Tender (de Klaudia Reynicke) está a levar a atención da crítica e a percorrer as seccións oficiais de festivais de renome. Romero ten traballado en infinidade de proxectos de cine independente que lle levan a viaxar e a vivir longas tempadas en distintos países de América ou Europa. Viviu uns anos na India, onde traballou para o respetado director Buddhadeb Dasgupta, e alí puido combinar este compromiso co cinema independente con superproducións de Bollywood. 

Romero estará dando unha charla por primeira vez na Universidade de Vigo (Facultade de BBBA de Pontevedra) falando da súa maneira de entender a profesión, as súas experiencias, mentres comparte co público fragmentos dos seus filmes e repasa aspectos xa característicos do seu estilo, como son a cámara en man ou a iluminación natural. Unha ocasión moi especial para coñecelo e escoitar o que é para él ser director de fotografía e traballar no mellor cinema independente.

Algúns trailers (click no título para ver):

 


Archivo de noticias