Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ Mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual
Traballo fin de mestrado


TFM

O traballo fin de mestrado é unha materia obrigatoria de 12 créditos ECTS que ten que conter, demostrar e evidenciar a asimilación dos contidos impartidos durante o mestrado.

Hai tres posibilidades de TFM

1- Traballo teórico, tipo tese, sobre un tema concreto relacionado co mestrado. Como todo traballo de investigación terá que conter: definición dos obxectivos e acotación do tema, metodoloxía a utilizar, desenvolvemento da investigación, conclusións e bibliografía. Presentaranse en formato impreso e non necesita memoria o monografía.

2- Unha animación audiovisual. O alumno terá que presentar tódalas fases da creación da obra. A historia, a súa adaptación a un medio audiovisual, o son, o storyboard, construción dos personaxes, fondos, filmación, montaxe e postprodución. Presentarase en formato DVD e irá acompañado dunha memoria o monografía onde complétense tódolos aspectos antes enumerados.

3- Un Álbum Ilustrado, (o libro Ilustrado, cómic, ou algo do ámbito da ilustración). O alumno terá que presentar tódalas fases da creación da obra. A historia, a súa adaptación a un medio audiovisual, o son, o storyboard, construción dos personaxes, fondos, filmación, montaxe e postprodución. Presentarase en formato impreso e ira acompañado dunha memoria ou monografía onde complétense os aspectos antes enumerados.

O traballo fin  de mestrado ten que ser defendido en público ó final do curso e terá asignado un solo titor. No caso dos traballos de animación poderanse  formar equipos, pero cada un dos membros terá que defender o seu TFM por separado.



Defensa do TFM

1- O alumno ensinará o seu traballo en presenza do tribunal e do seu titor. Si é unha animación, proporcionaráselle un ordenador ou un canón de vídeo, segundo preferencia do alumno.  Si é un álbum ilustrado ou un cómic mostrarao ó tribunal para que o vexa. Si e un traballo teórico entregaráselle o tribunal. Todo este material quedarán en posesión do mestrado.

2- O alumno defenderá o seu traballo durante un máximo de quince minutos, e da maneira que crea convinte pero sería recomendable que tivese ó menos os puntos seguintes (recomendados para a monografía ou memoria): introdución, contextualización, referentes, proceso, descrición e desenvolvemento do traballo e bibliografía.

3- Finalizada a defensa, o tribunal comentara co alumno e co titor os aspectos positivos e negativos do traballo, se os houbese. O alumno responderá ás preguntas do tribunal crea convinte realizar. Finalizado o acto, o alumno entregara a obra realizada (animación, álbum ilustrado ou traballo de investigación) e a monografía  que terá un máximo de 15 follas. Solo están exentos de realizar a monografía quen opte por realizar un traballo teórico de investigación.


  Calendario TFM curso 2014-2015
  Normativa do centro para TFM