Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00



Roberto Vázquez Rozas
Profesor Asociado
Departamento de Historia da Arte e Xeografía


Docencia

Grao en Belas Artes
Arte. Arte e modernidade
Traballo Fin de Grao

Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
Modelos e disciplinas auxiliares


CV abreviado
Roberto Vázquez Rozas (Vigo, 1962) Licenciado en Historia da Arte no 1985, en Prehistoria e Arqueoloxía en 1990 e Doutor en Historia, 1996. Catedrático de Ensino Secundario exerce a docencia neste nivel dende 1987 e como Profesor Asociado a tempo parcial na Universidade de Vigo dende 2004.

Ten sido Director, Xefe de Estudos e é Xefe de Departamento no Instituto de Ensino Secundario. 

Na actualidade compaxina a docencia entre o IES Auga da Laxe de Gondomar, Pontevedra, e nas facultades de Historia e Belas Artes da Universidade de Vigo. 

Autor de diversas publicacións, o seu currículo inclúe a investigación sobre a arte da prehistoria recente (petroglifos galegos), as artes populares (alfombras florais), a arquitectura mozárabe (san Miguel de Celanova), as ilustracións nas revistas da vangarda histórica galega, ec.

Ten participado en proxectos arqueolóxicos sobre as Idades do Bronce e do Ferro en Galicia e en escavacións de arqueoloxía submarina, na redacción de guías de itinerarios culturais e na organización de concursos de arte contemporáneo entre outras actividades. Como membro do equipo de investigación de Historia da Arte colabora nos proxectos do mesmo.
Na actualidade interésase polos mecanismos da divulgación da produción artística e os tipos de discurso que a sustentan. Sobre estes aspectos publicarase pronto un breve manual con pretensións divulgativas.