Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00



Marta López López
Investigadora en formación
Departamento de Escultura


Contacto
martadoslopez@gmail.com


Docencia

Grao en Belas Artes
Antropoloxía. Antropoloxía da arte


Investigación
Grupo de investigación: MODO


CV abreviado

Marta Bran (pseudónimo artístico de Marta López López)

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2009.

Tese, actividade investigadora, docencia
Actualmente segue vencellada á universidade na que se titulou e está desenvolvendo a súa tese, Extra...ordinario / Facer arte do practicamente insignificante, no programa de doutoramento en Arte contemporánea, creación e investigación.  O seu director de tese é o profesor e artista Juan Luis Moraza Pérez. Posúe un contrato predoutoral da Xunta de Galicia e exerce a súa actividade investigadora no grupo de investigación MODO (Modos de coñecemento artístico), na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Durante os catro últimos anos exerceu como docente en diferentes materias de 2º, 4º e 1º do Grao en Belas Artes desta mesma facultade.

Actuou como relatora en conferencias e congresos do eido nacional e internacional, e próximamente realizará varias estancias investigadoras na Facultade de Belas Artes de Oporto, sendo invitada polo grupo de investigación i2ADS. Concretamente, trátase dun proxecto subvencionado polo MAC de A Coruña na súa convocatoria de axudas á movilidade no marco do seu programa Enerxía creativa, 25 aniversario.

RR. PP. internacionais e redactora
Ó mesmo tempo, exerceu de relacións públicas internacionais e colaborou como redactora na revista Wonder Magazine Lisboa dende xaneiro de 2012. Na sección de arte, os seus artigos aportan novas miradas da creación artística máis actual e internacional. Entre as súas entrevistas levadas a cabo, destacan a mantida con Diane Pernet, Joana Vasconcelos e Marina Abramovic.

Exposicións e premios
Foi galardoada co terceiro premio Xuventude Crea 2014 e Novos valores 2012, ademais do primeiro premio de pintura e artes visuais da Fundación Carriegos en 2009. Foi seleccionada no I Encontro Cidade da Cultura 2011, e en 2012 presentou o proxecto colectivo Container inside neste mesmo lugar. Entre as súas exposicións máis relevantes a curto prazo, destaca Picnic, proxecto individual presentado en 2014 na Galería Trinta de Santiago de Compostela. De forma colectiva cabe mencionar O bosquexo do mundo, un proxecto itinerante inaugurado o 19 de abril de 2013 no MARCO (Vigo). As súas posteriores paradas foron no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) e na Fundación Seoane (A Coruña).

http://www.trinta.net/artista.php?id=53
http://dailymetal.eu/blog/marta-bran--picnic/913/

martabran.com