Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00



Xosé Manuel Buxán Bran
Profesor Titular de Universidade
Departamento de Escultura


Titorías
Despacho: 107
Horario: venres 12.00 h a 15.00 h e de 17.30 h a 20.30 h


Docencia

Grao en Belas Artes
Xestión, ámbitos artísticos e mundo profesional
Antropoloxía. Antropoloxía da arte
Traballo Fin de Grao

Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
Casos de estudo

Doutoramento
Transmisión da investigación


Xestión curso 2014- 2015
Coordinador da materia Antropoloxía. Antropoloxía da arte
Coordinador da materia Xestión, ámbitos artísticos e mundo profesional


Investigación
Grupo de investigación: PE4 Imaxe e contextos
Liñas de investigación:
  • Arte e cultura queer, cultura LGBT, identidade sexual, feminismos, masculinidades.
Nº de sexenios: 2


CV abreviado
Dende que en 1995 organiza o Curso de Verán da Universidade de Vigo: Os estudos gays e lésbicos en España e en 1996 acada o grao de Doutor en Belas Artes pola Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea coa Tese Doutoral: Homoerotismo en la iconografía de San Sebastián Mártir: Una visión desde el presente, o percorrido investigador e científico do Profesor Buxán Bran está íntimamente ligado ás conexións entre arte  e cultura queer, identidade sexual, xénero, feminismo e masculinidades, contando con varios volumes publicadas ao respecto e un vasto número de artigos e ensaios editados en numerosos volumes colectivos.

A outra vertiente profesional do Profesor Buxán Bran centrouse na curadoría de exposicións e na xestión de espazos expositivos universitarios, primeiro a Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra e logo a Sala Alterarte do Campus de Ourense. Dende que en 2003 comisariou o ciclo de exposicións temáticas Malas Artes na Sala dos Peiraos do Concello de Vigo até a actualidade que dirixe o proxecto Estado Crítico 2: 10 comisari*s, 10 artistas, para a Sala Alterarte, ten traballado a curadoría artística en numerosos espazos institucionais de España e Portugal. Traballo curatorial ao que veu sumando o de editor, coa edición dun extenso número de catálogos e publicacións en arte contemporánea.

A todo iso cómpre sumar a súa laboura como crítico de arte en diversos medios de comunicación, froito do cal é un primeiro volume compilatorio deses traballos xornalísticos titulado Desprazamentos: A viaxe como unha das Belas Artes, Ourense: Difusora de letras, artes e ideas, 2014.

Actividades de xestión
Secretario da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, dende 26/03/1999 até 19/05/2004.
Coordinador da Sala Alterarte do Campus de Ourense, de 1/09/2004 até 30/07/2007.
Coordinador da Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Vigo, dende 8/02/2007 até 16/07/2011.
Coordinador da Sala Alterarte do Campus de Ourense dende 1/09/2010 até a actualidade.
Membro da Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo.