Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00



Mar Rodríguez Caldas
Profesor Contratada Doutora
Departamento de Pintura


Contacto
marcaldas@uvigo.es

Titorías
Despacho: 204
Horario: mércores 15.30 h a 21.30 h 

Docencia
Grao en Belas Artes
Técnicas fotográficas

Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
Perspectivas actuais

Xestión
Enlace de Igualdade
Coordinadora da materia Técnicas fotográficas
Coordinadora da materia Perspectivas actuais

Investigación
Grupo de investigación: PE4 Imaxe e contextos
Liñas de investigación:
  • Estudos sobre a produción cultural. Análise da evolución e o estado actual do campo da arte en Galicia. Políticas culturais aplicadas en Galicia.
  • Situacións das artistas no campo da arte. Análise do contexto galego. Estratexias para o densenvolvemento da produción e da difusión do traballo das artistas
Nº de sexenios: 2


CV abreviado

Doutora pola Universidade de Vigo, con premio extraordinario pola súa tese “El valor y el significado de los productos culturales. Desplazamientos y fricciones en las transacciones artísticas contemporénas” (Univ. de Vigo ed., 2007). 

As súas investigacións céntranse na representación da diferencia e na micro-historia, nas desigualdades e intercambios asimétricos entre os xéneros e entre as culturas, así como na análise das políticas culturales e o funcionamento da estrutura artística desde unha perspectiva sociolóxica. 

Autora de numerosos ensaios, artigos e conferencias como "El gestus y las prácticas feministas performativas" (AusArt Journal for Research in Art. nº 6, Univ. del País Vasco ed., 2018); “Prácticas feministas en el cine de exposición” (ACC17 3º Congreso Internacional Arte, Ciencia, Ciudad 2017, Univ. de Málaga ed., 2018); “Mediación y Feminismo” (III Congreso Xénero, Museos, Arte e Educación, Rede Museística Provincial de Lugo ed., 2018); “Políticas expositivas e igualdad” (Congreso G-NET Summit, San José, Costa Rica, 2017); “Aportaciones feministas al cine de exposición” (Grupo de investigación H-7 Los usos del arte, Univ. de Zaragoza ed. , 2016); “Chantal Akerman e as instalación” (Seminario da Universidade de Verán, USC, Santiago de Compostela, 2016); “Generar conciencia y empoderamiento en el área del arte” (Conferencia Internacional Equality, Instituto Tecnológico de Costa Rica, San José, 2014); “Las estudiantes de Bellas Artes ante el campo del arte. Estado de la cuestión y acciones para lograr un cambio necesario” (en I Congreso de investigadores en arte. El arte necesario. La investigación artística en un contexto de crisis, ANIAV- DEFORMA ed., Valencia, 2014); “Novas creadoras, novos valores” (Centro de Documentación e Recursos Feministas, Vigo, 2013); “Visibilización das artistas. Unha ponte entre a universidade e o eido profesional ” (en II Xornada de Innovación en Xénero. Docencia e Investigación, Unidade de Igualdade ed., Vigo, 2013);  “Memorias y otros micro-relatos” (en Revista Estúdio nº 6, Centro de Investigação e Estudos em Belas-Artes ed., Lisboa, 2012); “Notas sobre la crisis del arte” (en En estado crítico. Sobre políticas y economías del Arte en el eje noroeste, María Marco Covelo ed., Pontevedra, 2010); “Delante y detrás de la cámara. Las estrategias de Jo Spence y Cindy Sherman” (en Revista Estúdio nº 2, Centro de Investigação e Estudos em Belas-Artes ed., Lisboa, 2010); “Portugal-España. La difusión del arte contemporáneo” (en Revista Quintana nº 9, Universidade de Santiago de Compostela ed., 2010); “O retrato fotográfico popular” (en Revista Tempos Novos, nº 135, Atlántica ed., Santiago de Compostela, 2008); “De la sala de cine a la sala de museo. Motivos y efectos del cambio del contexto de exhibición y recepción del producto fílmico” (en Metodologías de análisis del film, Edipo ed., Madrid, 2007); “El efecto de la mirada artística” (Jornadas por el 20 aniversario de la Fototeca de Cuba, La Habana, 2006); “As fotografías. Aparentemente tan lexibles” (en Outono Fotográfico, Xunta de Galicia ed., Ourense, 2005); ou “El efecto de la mirada artística sobre la fotografía. Cambios de funciones y desplazamientos del significado y del valor” (en El análisis de la imagen fotográfica, Universitat Jaume I ed., Castellón de la Plana, 2005).

Coordinou e comisariou numerosos proxectos e exposicións. Entre 2011 e 2014 dirixiu a Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra, entre 2011 e 2015 co-comisariou ARTISTAS. Proxecto de visibilización das obras das alumnas da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e desde 2016 coordina Sen Moldes. Comentarios fotográficos sobre os xéneros.

Realizou exposicións individuais como “Les Faiseuses” (Colegio de España, París, 2019), “Facedoras de Bueu” (Museo Massó, Bueu, 2018 / Auditorio Municipal, Cangas, 2019), “Imaxes, xestos, voces” (Sala Alterarte, Ourense, 2016), “Pegadas do desassossego” (Casa Fernando Pessoa, Lisboa, 2011); “O museo no cárcere. A linguaxe secreta dos obxectos” (Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar / Museo Etnolóxico Ribadavia, Ourense, 2009-2010); “Mar Caldas” (MACUF, A Coruña, 2002); “Momentáneas (II)” (Galería SCQ, Santiago de Compostela, 2000); “Momentáneas”  (Caja Madrid, Pontevedra), “Para vocês” (Museu de Arte de Santa Catarina, Brasil, 1996); ou “Os meus 30” (IV Fotobienal de Vigo, 1994). 

A súa obra integrou exposicións de xénero e de revisión da arte feminista como Women in Work. Mujer, arte y trabajo en la globalización (UPV, Valencia / Galería Octubre, UJI, Castellón, 2017); Más allá de los géneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia  (MARCO, Vigo / Auditorio de Galicia, Santiago, 2017); Genealogías Feministas en el Arte Español, 1960-2010 (MUSAC, León, 2012); Márgenes y mapas. La creación de género en Galicia (Auditorio de Galicia, Santiago, 2008); El arte inexistente: las artistas gallegas del siglo XX (Auditorio de Galicia, Santiago, 1995).

Entre outras exposicións colectivas nas que participou na última década: Ffoco (Fundación Luis Seoane, A Coruña, 2019); Ciclo de videocreación Mirada País (CGAC, Santiago, 2018); Programa de acciones Mujeres en acción. Violencia zero (Diputación de Pontevedra, 2018); Los rostros del naufragio, (Museo de Arte Contemporáneo, A Coruña, 2016); Miradas de mujer sobre la Guía postal de Lugo de Maruja Mallo (Pazo de San Marcos, Lugo, 2014); Os anos circulares. Últimas tendencias da figuración en Galicia 1994-2013 (itinerancia en Galicia, 2013-2014); Region 0. The Latino Videoart Festival of New York (itinerancia internacional entre 2011 e 2012); Mobile Projection Unit (Luggage Store Gallery, San Francisco, 2011); Videoart Festival 100 kubik (itinerancia en Alemania entre 2010 e 2011); BAC! 11.0. Festival Internacional de Arte Contemporáneo de Barcelona (Arts Santa Mònica, Barcelona, 2010); Miradas de Hoy (Instituto Cervantes, Varsovia, 2008); Frammenti del Tutto (itinerancia en Europa entre 2006 e 2008); Arte no parque (CGAC, Santiago de Compostela, 2006); O feito fotográfico (MARCO, Vigo / Centro Portugués de Fotografia CEF, Porto, 2004-2005).