Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00




Juan Carlos Román Redondo
Profesor Titular de Universidade
Departamento de Escultura

Contacto
redondo@uvigo.es

Titorías
Despacho: 101
Horario: Primeiro cuatrimestre: luns de 8:30 a 14:30 h.
Horario: Segundo cuatrimestre: martes de 12:00 a 14:30 h. e de 19:30 a 20:30 h. Mércoles de 12:00 a 14:30 h.

Docencia
Grao en Belas Artes
Arte e contemporaneidade
Producción artística: obxecto e espazo
Traballo Fin de Grao

Xestión
Coordinador da materia Arte e contemporaneidade
Membro da comisión do  Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación.

Investigación
Grupo de investigación: PRACE
Liñas de investigación: 
Reciprocidade do apropiacionismo simbólico no declive da arte contemporánea española.
Nº de sexenios: 3


CV abreviado

Licenciado en Belas Artes pola Universidade do País Vasco e Doutor pola Universidade de Vigo, onde impartiu, desde o curso 1991-92, diferentes materias ligadas ao Departamento de Escultura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A súa actividade céntrase na práctica artística xunto á actividade docente e investigadora. Pronunciou conferencias e participou en congresos nas Universidades de Santiago de Compostela, País Vasco, Valencia, O Porto, Lisboa e New York, así como en diferentes centros de arte, entre os que destacaría o Centro de Documentación de Estudos Avanzados de Arte Contemporánea (CENDEAC). Publicou textos críticos onde analiza a obra de artistas como Sue Williams, Olafur Eliasson, Antony Gormley, Tony Cragg, Marcel Duchamp, Carlos Garaicoa, e/ou Jasper Johns; e publicou para museos como SECESSIÓN, ARTIUM, CGAC e IVAM, e en revistas como Cimal,  Revista de Occidente, Arte y Parte, etc. Independentemente ao ensino que realiza na Universidade de Vigo, a súa traxectoria deriva da actividade artística iniciada en 1983.

A día de hoxe, realizou preto dunha trintena de exposicións individuais, entre as que cabería subliñar: Sombra Natural; Centro Marcos Valcárcel, Ourense, 2018. Pensando como Dalí, Pintando como Velázquez; Galería Ad hoc, Vigo, 2011. 7000 Eichen; Galería T-40, Düsseldorf, 2005. Dos artistas descalzos, un ojo y un burro; Blackspace, Galería Alejandro Sales, Barcelona, 2000. El Sonámbulo Magnético; Galería Moriarty, Madrid, 1997. Ruptura y Renacimiento; Galería Trayecto, Vitoria, 1995. Zoosofía y Heroicidad; Museo de San Telmo, San Sebastián, 1994.  Unidad de Medición del arte;  Bilbao Bizkaia Kutxa, BBK, Bilbao, 1991. Stars&Flowers. Galería Vangarda, Bilbao, 1989. 

E entre as máis dun centenar de mostras colectivas, deberíanse sinalar: Un martillo, dos martillos; Maison Ruína, Vigo, 2019.  O Bosquexo do Mundo; Museo MARCO de Vigo, Auditorio de Galicia Santiago de Compostela e Fundación Luís Seoane, Coruña, 2013. Comparada II derrota, no futuro y cambio (de nada); Caixa Vital Kutxa, Vitoria, 2009.  Distancia crítica; CGAC, Santiago de Compostela, 2008. El arte dentro del arte; Sala Verónicas, Murcia, 2003. Entre el deseo y el rapto. Arte en Bilbao durante los años 90; itinerante polos Institutos Cervantes de Roma, Milán e París, 2001. Ideas sobre conceptos; Sala de Armas. Ciudadela. Pamplona, 2000.  La Autoestima.; Area-2, Sala Rekalde. Bilbao, 1995.  Rim Talk; Galería Trayecto, Vitoria, 1992. Muestra de Arte Joven;  Museo Español de Arte Contemporáneo, MEAC. Madrid, 1991. Un placer. Cualquiera, todos, ninguno; Arteleku, San Sebastián, 1991.  Estivo representado na maioría das feiras de arte contemporánea; ART Basel. FIAC Paris. ART Forum, Berlin. Paris-PHOTO, ART Frankfurt.  Art’issima Turín. MACO, México. ARCO, Madrid, etc.

A súa obra atópase en diferentes museos e coleccións privadas; cabe destacar a Fundación La Caixa, a fundación Fran Daudel, a Colección Testimoni, o Museo Artium de Vitoria, o CGAC de Santiago de Compostela, e o Palacio da Zarzuela.
Durante o últimos quince anos aconsella e asesora a coleccionistas de arte contemporánea, comprando obras dos máis importantes artistas internacionais nas prestixiosas casas de poxas, Christies e Sothebys. No 2016 dirixiu un curso de verán sobre Arte e Gastronomía na Universidade Internacional Menéndez Pelayo de Santander, e publicou; Los 100 problemas del arte contemporáneo, na colección infraleves para o CENDEAC. No 2017 publica; True Stories, una de tantas historias verdaderas sobre Fontaine, de Marcel Duchamp, coincidindo co centenario da obra.

Actividades de Xestión
Secretario do Departamento de Expresión Artística. 10/04/1993 a 18/05/ 1994.
Vicedecano da Facultade de Belas Artes. Do 18/05/1994 a 3/02/1995.
Evaluador externo no Programa Academia. ANECA.
Evaluador da área de profesorado. Agencia Andaluza del Conocimiento. Consejería de Economía, Conocimiento, Empresas y Universidad.
Na actualidade é Director do Departamento de Escultura.