Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00



Marcos Dopico Castro
Profesor Contratado Doutor
Departamento de Debuxo


Contacto
mdopico@uvigo.es


Titorías
Despacho: Decanato
Horario: luns 11.00 h a 14.00 h / martes 11.00 h a 14.00 h 


Docencia

Grao en Belas Artes
Producción artística. Audiovisuais
Proxectos de Deseño
Traballo Fin de Grao

Mestrado en Diseño e Dirección Creativa en Moda
Deseño de Portfolio
Deseño Gráfico para Moda
A Moda: Contorna profesional

Xestión
Vicedecano de Imaxe e Calidade (03/2015 - 07/2019)
Director da Área de Imaxe da Universidade de Vigo (01/2011 - 02/2015)

Investigación
Grupo de investigación: DX7
Liñas de investigación:
  • Influencias da modernidade no deseño gráfico contemporáneo.
  • Tradición e Deseño en Galicia.
  • Deseño gráfico, Tipografía, Historia do deseño, Identidade corporativa e tipografía, Semiótica, Deseño editorial, motion graphics e gráfica audiovisual.
Nº de sexenios: 1

CV abreviado
Marcos Dopico Castro, Narón – A Coruña (1974). 

Licenciado en Belas Artes coa especialidade de Deseño e Audiovisuais pola Universidade de Vigo (1997). Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2009). Profesor Contratado Doutor (2011) na Universidade de Vigo (España), imparte docencia nas materias de Proxectos de Deseño e Producción artística: Audiovisuais no Grao en Belas Artes da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra. Antes de ensinar na Universidade de Vigo, traballou como profesional nos campos do deseño gráfico, web e interactivo. A súa labor investigadora inclúe as áreas de influencia da modernidade na gráfica e a tipografía contemporánea e a relación entre tradición e identidade no deseño en Galicia.  

Participou como profesional do deseño nas exposición colectivas «A creación do necesario: Aproximacións ó deseño do século XX en Galicia» no museo MARCO de Vigo (2004), «Arte, artesanía, deseño e sustanbilidade en Galicia no século XXI» no Centro Torrente Ballester de Ferrol (2016), «Formas do deseño. Galicia XXI» Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (2019) e «Galicia XXI. O design como motor», na Porto Design Biennale 2019.

É deseñador de diferentes familias tipográficas usadas en deseño editorial de publicacións periódicas, identidades corporativas e proxectos web, especializándose nos últimos anos en esta disciplina do deseño tipográfico.

Ten publicado dous libros: “Propostas para un deseño normal”, Ellago Ediciones: Castellón (España), 2009, e “Arqueoloxía tipográfica: A evolución dos caracteres de pau seco”, Campgràfic Editors: Valencia (España), 2011.

Dende 2011 a 2014 foi presidente da DAG Asociación Galega de Deseño.
Dende 2011 a 2015 foi Director da Área de Imaxe, responsable da implantación da identidade visual da Universidade de Vigo.
Dende 2015 ata o 2019 foi Vicedecano de Calidade da Facultade de Belas Artes.