Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ SGIC
Política e obxectivos

A política de calidade e os obxectivos de calidade da Facultade de Belas Artes son coherentes cos definidos pola propia Universidade no seu Plan Estratéxico. Por política de calidade enténdese o conxunto de intencións globais e a orientación dunha organización relativas ao compromiso coa calidade do servizo cara ao usuario e cara ás partes interesadas. Por obxectivos de calidade enténdese que son a relación de aspectos, propostas e intencións a lograr co propósito de mellorar a institución.

O ámbito de aplicación do SGIC da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, inclúe a todas as titulacións que se imparten e dos que o Centro é responsable (graos, másteres e doutorados).

O Equipo Decanal, co fin de asegurar que a política de calidade cumpre o seu fin, terá en conta se:
  • É adecuada aos obxectivos da Facultade.
  • Inclúe un compromiso de cumprir cos requisitos e de mellorar continuamente a eficacia do sistema de garantía interna de calidade.
  • Proporciona un marco de referencia para establecer e revisar os obxectivos de calidade.
  • É comunicada e entendida dentro da Facultade.
  • É revisada para a súa continua adecuación.
A Dirección da Facultade de Belas Artes é consciente da importancia da calidade polo que a considera como un factor estratéxico para conseguir que as competencias, habilidades e aptitudes dos seus egresados sexan recoñecidas polos empregadores e pola sociedade en xeral. Por iso, a Dirección da Facultade de Belas Artes establece as seguintes directrices xerais para a consecución dos obxectivos de calidade e que constitúen a nosa Política de Calidade:
  • Facilitar a formación continua axeitada a todos os traballadores dependentes do centro, segundo as súas respectivas actividades, e a adquisición dos coñecementos necesarios para que poidan desenvolver a súa actividade enfocada ao cumprimento dos obxectivos do centro.
  • Establecer sistemas de actuación participativos, trasparentes e documentados, para asegurar a calidade dos nosos procesos.
  • Conseguir unha implicación na mellora continua propoñendo e levando a cabo as accións de corrección e prevención que puidesen ser necesarias.
  • Procurar que a Política de Calidade sexa entendida e aceptada por todo o persoal do Centro e que se encontre a disposición pública.
  • Asegurar que o Sistema de Garantía de Calidade é efectivo e se controla e revisa de forma periódica.

  Política e obxectivos de calidade [Descargar pdf]