Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ Plan de acción titorial

Trátase de toda unha serie de actividades que complementan a formación dos estudantes e axudan á súa normal integración e desenvolvemento no ámbito universitario.

Coa incorporación ao marco do Espazo Europeo de Educación Superior as titulacións transformaron os seus plans de estudos adaptándoos a Grao e Mestrado, incorporando protocolos de calidade docente que garanten sistemas de seguimento co fin de formular plans de mellora continuos. O Plan de Acción Titorial está estreitamente enlazado tanto co deseño das Memorias do plan de Grao e Mestrado así como co Sistema de Garantía da Calidade, formando un conxunto de protocolos e actuacións encamiñados a un adecuado desenvolvemento dos estudantes na súa traxectoria universitaria.

A Titorización implica a atención aos estudantes desde unha perspectiva diferente á docente, atendendo precisamente a ese espazo de interconexión entre as persoas, ademais de coidar a interrelación entre os estudantes e o propio medio onde desenvolven a súa actividade. O PAT apunta directamente á persoa para procurar o seu desenvolvemento e integración nas actividades que se xeran, encamiñadas todas elas a unha formación académica e, o que non é menos importante, a un desenvolvemento persoal.

A docencia nas ensinanzas artísticas implica unha relación moi estreita co alumnado como persoa, por canto o alto grao de experimentación e a vocación coa que ha de transcorrer, supón unha convivencia que sirve de contexto, diríamos que imprescindible, para que a formación poida realizarse. Unha formación que vai declinando o proceso desenvolvido desde a ensinanza cara á aprendizaxe.



Plans de Acción Titorial das Titulacións da Facultade de Belas Artes


  PAT Grao en Belas Artes
  PAT Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
  PAT Mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual