Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ SGIC

Co obxecto de favorecer a mellora continua das titulacións impartidas na Universidade de Vigo, garantindo un nivel de calidade que facilite a súa acreditación e o mantemento desta, considérase necesario establecer un Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da Facultade de Belas Artes.

A garantía de calidade pode describirse como a atención sistemática, estructurada e continua á calidade en termos do seu mantemento e mellora. No marco das políticas e procesos formativos que se desenvolven nas universidades, a garantía da calidade ha de permitir a estas institucións promover a mellora continua da calidade dos seus programas e títulos, e que se comprometen a poñer en marcha os medios que aseguren e demostren esa calidade.

O SGIC dos Centros da Universidade de Vigo deséñase dende a Área de Calidade, que elabora unha documentación marco, que ha de ser personalizado para cada Centro atendendo ás súas diferentes particularidades, garantindo o cumprimento dos requisitos contidos na proposta de acreditación elaborado por ANECA.

Atendendo ao proceso deseñado por ANECA, a acreditación dun ensino oficial de grao ou de máster articúlase sobre a base de 9 criterios de calidade e 46 directrices:
  • Obxectivos
  • Admisión de estudantes
  • Planificación do ensino
  • Desenvolvemento do ensino e avaliación de aprendizaxes
  • Orientación ao estudante
  • Persoal académico
  • Recursos e servizos
  • Resultados
  • Garantía de calidade