Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ Información xeral



Situada na cidade de Pontevedra, a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo ofrece os estudos de Grao en Belas Artes, e os posgraos de: Libro Ilustrado e Animación Audiovisual; e Arte Contemporánea. Creación e Investigación; así como os estudos que conducen á obtención do título de doutoramento co programa: Creación e Investigación en Arte Contemporánea. A Facultade conta ademais co título propio de Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia.

A particular xeolocalización desta Facultade no noroeste da península ibérica convértea nun fito vertebrador no mapa de produción e intercambio cultural dentro do eixe atlántico da península e polo tanto tamén da comunidade europea.