Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ Programa de Doutoramento
Preinscrición, admisión e matrícula


Preinscrición, Admisión e Matrícula


Curso 2017/2018

Datas de interés
- PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN - 25 de agosto ao 6 de setembro
- Publicación da listaxe provisional de admisións - 15 de setembro
- Período de reclamacións - 18 ao 22 de setembro
- Publicación da listaxe definitiva de admisións - 28 de setembro
- Período de matriculación - 1 ao 9 de outubro


Lembramos a necesidade de remitir á secretaría de alumnado da Facultade o documento en PDF xerado pola plataforma de inscripción.


Curso 2016/2017

A matrícula realizarase na seguinte web

Prazo de preinscripción:  do 26 de agosto ao 7 de setembro.

Lembramos a necesidade de remitir á secretaría de alumnado da Facultade o documento en PDF xerado pola plataforma de inscripción.


Listaxe definitiva de admitidos e excluídos no Programa de Doutoramento 2016-2017




Acceso aos estudos de doutoramento

1- Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Mestrado Universitario.

2- Así mesmo poderán acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:
  • Estar en posesión dun título universitario oficial español, ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso a Mestrado de acordo co establecido no artigo 16 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que, polo menos 60, haberán de ser de nivel de Mestrado.
  • Estar en posesión dun título oficial español de Graduado ou Graduada, cuxa duración, conforme a normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Devanditos/as titulados/as deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, salvo que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación, equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de Mestrado.
  • Os/as titulados/as universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.
  • Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de Mestrado Universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento a outros efectos que o do acceso a ensinos de Doutoramento.
  • Estar en posesión doutro título español de Doutor/a obtido conforme a anteriores ordenacións universitarias.
3- Os/as doctorandos/as que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme a anteriores ordenacións universitarias poderán acceder aos estudos de doutoramento regulados polo RD 99/2011, previa admisión de acordo ao establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade de Vigo. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso a estudos de doutoramento regulados polo RD 99/2011.

4- Poderán acceder a estudos de doutoramento os Licenciados/as, Arquitectos/as ó Enxeñeiros/as que estean en posesión do Diploma de Estudos Avanzados obtido de acordo ao disposto no Real Decreto 778/1998, de 30 de abril, ou alcanzasen a suficiencia investigadora regulada no Real Decreto 185/1985, de 23 de xaneiro.

5- Poderán acceder aos estudos de doutoramento os/as Licenciados/as, Arquitectos/as ó Enxeñeiros/as que estean en posesión dun título de máster oficial conforme ao Real Decreto 56/2005 ó ao Real Decreto 1393/2007, modificado polo Real Decreto 861/2010, ou superasen 60 ECTS de estudos de Master oficial.

6- Tamén poderán acceder aos estudos de doutoramento os Diplomados/as, Enxeñeiros/as Técnicos ó Arquitectos/as técnicos que acrediten superar 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que polo menos 60 sexan de nivel de Mestrado Universitario.



Admisión nos estudos de Doutoramento

Para a admisión nos estudos de doutoramento valorarase a formación previa no ámbito das Belas Artes, Arquitectura, Hª da arte, en particular, e das Humanidades en xeral, tendo prioridade sobre o resto de solicitantes. Os/as solicitantes cunha titulación dos ámbitos indicados terán preferencia sobre o resto no proceso de selección. Estudarase en cada caso o acceso para aqueles/as solicitantes que posúan unha formación diferente ás relacionadas neste apartado, atendendo aos contidos concretos do seu expediente académico e ao seu CV en xeral e que se poida asimilar nas súas características de contido.

Os criterios de valoración a ter en conta serán os que seguen, sobre unha puntuación de 10:

1- Expediente académico da titulación que presenten para o ingreso. Valorarase a adecuación da titulación, a cualificación media global e a cualificación obtida nas materias máis relacionadas coa investigación para desenvolver (ata 2,5 puntos).

2- Memoria sobre o que se pretende investigar, tendo en conta a súa posible adscrición a unha liña de investigación ofertada (ata 4 puntos).

3- Dossier gráfico de obra artística e/ou CV do candidato/a, tendo en conta a adecuación á titulación á que se pretende acceder (ata 2,5 puntos).

4- Coñecemento de idiomas estranxeiros (ata 1 punto).

5- Entrevista, se a Comisión do Programa de Doutoramento estímao oportuno.

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento será a encargada da selección do alumnado, previa comprobación por parte das unidades administrativas de que os solicitantes cumpren os requisitos de acceso e de admisión. A ponderación dos diferentes criterios de selección farase pública coa convocatoria de preinscrición. O coñecemento de idiomas estranxeiros deberá ser debidamente certificado oficialmente, sendo recomendable un nivel B1. A entrevista poderá realizarse á totalidade dos/as aspirantes ou só a quen a comisión considere necesario, estará orientada tanto a valorar a actitude e capacidades do estudante necesarias para desenvolver as competencias previstas na titulación, como á obtención de información que permita á comisión a valoración máis adecuada dos distintos criterios de selección.

Para aqueles/as alumnos/as que se matriculen a tempo parcial, establécese a posibilidade de realizar as actividades formativas por cuadrimestre, sendo estas o primeiro cuadrimestre dos dous primeiros anos do programa. Neste caso terían loxicamente a prolongación total do no tempo do Programa de doutoramento, calculándose o período por cuadrimestre, sendo un total de seis cuadrimestre mínimo, repartidos en seis anualidades, máis as prórrogas estipulas medidas tamén por tempos parciais.

Normativas para alumnado estranxeiro

O alumnado estranxeiro que esté interesado en preinscribirse no Programa de Doutoramento en Creación e investigación en Arte Contemporánea, deberá solicitar a equivalencia do título antes de realizar dita preinscrición, segundo a normativa da Universidade de Vigo. O prazo finaliza o 20 de xuño.