Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ Programa de Doutoramento
Información básica


Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo. 2015-2016

Coordinación
Juan Carlos Meana Martínez
doctorado.arte@uvigo.es

Lugar onde se imparte
Facultade de Belas Artes
Rúa Maestranza, 2 
36002 Pontevedra
España
sdfba@uvigo.es 
986 801 800

Prazas ofertadas
10 estudantes anuais

  Memoria do Programa
  Memoria Formato Ministerio



0. Interese do programa de doutoramento

A creación artística é unha actividade xeradora de coñecemento, cunhas esixencias metodolóxicas propias que atenden non só á produción senón, ao mesmo tempo, á análise e a interpretación artísticas, axuntando creación e investigación. A capacidade da arte para xerar coñecemento propio, define, e á vez amplía, o territorio sobre o que a especificidade da arte traballa, posibilitando que non só sexa obxecto de estudo por parte doutras disciplinas.

A integración da produción artística no contexto cultural é a que permite unha rexeneración das capacidades simbólicas, así como a permanente reelaboración dos parámetros estéticos que a constitúen, contribuíndo e influíndo na maneira de percibir, sentir e conceptualizar os valores que rexen nunha sociedade.
 
A formación estética dos suxeitos permite facer fronte a problemáticas onde a educación sensible afecta os modos de percibir, sentir, pensar e actuar, desenvolvendo unha dimensión cognitiva a través da arte, en particular, e a formación humanística e cultural, en xeral.

Os contextos sociais na chamada terceira cultura implican unha interrelación moito máis sistémica. Iso precisa a incorporación ao noso contexto cultural de suxeitos altamente responsables, creativos e con gran capacidade de análise da contorna. A investigación artística ten un gran protagonismo na creación de patrimonio e ten a responsabilidade de exercer unha transmisión do mesmo.  O ensino e investigación artísticas han de entenderse como unhas actividades interdisciplinares que poñen en xogo os recursos perceptivos, emocionais e conceptuais que incumben ao cidadán, procurando un maior e mellor nivel cultural, unha integración nos contextos, un coñecemento responsable para contribuír ao enriquecemento do patrimonio cultural e á súa transmisión. Neste novo contexto, a figura do/a artista como profesional ou investigador/a, integrado en equipos interdisciplinares, perfílase como unha das máis sólidas saídas profesionais.

A situación actual, co novo marco integrador europeo, supón un novo reto onde habemos de tender a unha internacionalización baseada na excelencia. Exponse a necesidade da harmonización e colaboración cos diferentes modelos existentes no estranxeiro, os cales abordan a problemática situados en diferentes puntos: desde os aspectos máis produtivos aos que, desde outros ámbitos, poderíanse considerar máis investigadores.



1. Obxectivos e competencias do Título

  • Formar artistas e investigadores/as que entendan a arte como unha forma de coñecemento integral, capaces de aprehenderlo desde unha perspectiva ampla que o insira no seu contexto sociocultural e o relacione con diferentes disciplinas.  
  • Capacitar a artistas e investigadores/as para comprender o seu contexto artístico, cultural e social, e por tanto para articular respostas a esas cuestións expostas mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación artísticos innovadores, levando a cabo producións artísticas de alto nivel e/ou proxectos de investigación dinamizadores de contextos culturais e sociais amplos.
  • Capacitar a artistas e investigadores/as para transmitir e proxectar, con sentido analítico e crítico, os coñecementos adquiridos durante as súas producións e/ou investigacións, de modo que procuren un avance no coñecemento e na comprensión das artes visuais.
  • Capacitar a artistas e investigadores/as para formularse as preguntas adecuadas en cada momento.  
     

Competencias

Relación de competencias básicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudios (establecidas por el RD 861/2010)

 (CB1)

Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito campo.

 (CB2)

Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso sustancial de investigación ou creación.

 (CB3)

Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

 (CB4)

Capacidade  de realizar un análisis crítico e de evaluación e síntese de ideas novas e complexas.

 (CB5)

Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual e na sua comunidade científica internacional.

 (CB6)

Capacidade de fomentar, en contextos académicos y profesionais, o avance científico, tecnolóxgico, social, artístico ou cultural dentro de una sociedade baseada no coñecemento.


Capacidades e destrezas personais

 (CA01)

Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

 (CA02)

Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.

 (CA03)

Deseñar, crear, desenrolar e emprender proxectos novedosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

 (CA04)

Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

 (CA05)

Integrar coñecementos, enfrentarse á complexidade e formular xuizos con información limitada.

 (CA06)

A crítica e a defensa intelectual de solucions.


Relación de otras competencias xerais que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos

 (CG1)

Capacidade de desenrolar as posibilidades cognitivas da arte.

 (CG2)

Capacidade para traballar e intervir colectivamente en proxectos de investigación disciplinares e interdisciplinares.

 (CG3)

Capacidade para sintetizar e analizar con pensamento crítico a creación artística e a investigación.

 (CG4)

Capacidade para actuar ante novas situacions e contextos culturais, en xeneral e artísticos en particular, con responsabilidade cultural, ética e social.

 (CG5)

Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicions escritas ou argumentos motivados, de redactar planes, proxectos de traballo ou artículos científicos ou de formular hipóteses razonables.

Relación de competencias específicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudios

(CE1)

Integración entre teoría e práctica como exe da investigación en Belas Artes.

 (CE2)

Capacidade para transferir os coñecementos adquiridos á práctica artística, investigadora ou profesional mediante os recursos e a metodoloxías adecuados.

 (CE3)

Capacidade para valorar a complexidade e versatilidade da creación artística contemporánea.

 (CE4)

Capacidade para xestionar a información para propósitos artísticos e investigadores.

 (CE5)

Capacidade para comprender a creación e a investigación dende a continua innovación.

 (CE6)

Capacidade para integrar coñecementos de campos de estudo diversos.

 (CE7)

Capacitar para a comprensión e a expresión oral e escrita con dominio do vocabulario especializado e a sua vinculación coa linguaxe da historia, a estética e a teoría da arte.





























Relación de competencias transversais que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos

 (CT1)

Capacidade para xerar e desenrolar proxectos.

 (CT2)

Capacidade para autoxerar unha curiosidade e aprendizaxe permanente cara os problemas artísticos no seu contexto sociocultural.

 (CT3)

Capacidade conceptual para aportar e intervir en proxectos de investigación I+D+I.

 (CT4)

Capacidade para transmitir con claridade de forma oral y escrita, a público non especializado, os achádegos e avances obtidos na investigación.























2.  Perfil de ingreso: recoméndase posúan as seguintes características

  • Capacidade creativa e analítica no ámbito das artes plásticas.
  • Capacidade de innovación.
  • Sentido crítico e autocrítico.
  • Coñecementos do contexto artístico e cultural contemporáneos.
  • Capacidade para o manexo de fontes de información.