|
Facultade de Belas Artes de Pontevedra. R/ Maestranza, 2 36002 Pontevedra
fbbaa@uvigo.es 986 80 18 00
|
Programas de mobilidade Erasmus |
|
Programa Sócrates-Erasmus
Coordinadora na Facultade: Silvia García González
Sócrates é o programa de acción da UE para a cooperación no ámbito da educación. Foi aprobado o 14 de marzo de 1995. A segunda fase do programa desenvolverase desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2006. Sócrates financia oito accións. A segunda delas é a denominada ERASMUS, dedicada ó ensino superior.
A selección de bolseiros realízase na propia Facultade por unha comisión nomeada ó efecto que valora os seguintes criterios: expediente académico, proxecto artístico que se vai realizar na universidade de destino e proba de idioma. Requírese estar matriculado no 2º ciclo no momento de gozar da bolsa.
A convocatoria para solicita-las bolsas Erasmus na Universidade de Vigo faise pública entre xaneiro e marzo de cada ano para disfrutar da bolsa durante o curso seguinte.
Prazas Erasmus ofertadas para estudiantes da Facultade:
| Centros de destino |
Cidade- País |
nª de
prazas |
meses de
estancia |
Hochschule Albstadt-Sigmaringen |
Alemaña |
2 |
6 |
Universität Koblenz-Landau |
Koblenz – Alemaña |
2 |
3 |
Universität Hildesheim |
Alemaña |
3 |
5 |
Savonia University of Applied Sciences.
Kuopio Academy of Design |
Finlandia |
2 |
6 |
Fondazione Accademia di Belle Arti "Pietro Vannucci" |
Italia |
2 |
9 |
Fontys College of Visual and Performing Arts |
Paises Baixos |
1 |
3 |
Universidade do Porto |
Portugal |
4 |
5 |
George Enescu University of Arts |
Iasi - Rumanía |
2 |
4 |
École Supérieure des Beaux-Arts dAngers |
Angers - Francia |
2 |
3 |
Hogeschool Sint-Lukas Brussel |
Bruselas - Bélxica |
2 |
5 |
École des Beaux-Arts de Bordeaux |
Burdeos - Francia |
2 |
3 |
Academie voor Beeldende Vorming |
Tilburg - Holanda |
1 |
3 |
Limerick Institute of Technology |
Limerick-Irlanda |
2 |
3 |
Kunsthøgskolen i Bergen |
Bergen- Noruega |
1 |
3 |
Kingston University |
Kingston- Reino Unido |
6 |
3 |
A participación no programa Erasmus leva consigo unha bolsa destinada a sufraga-los gastos extraordinarios relacionados cos estudios no extranxeiro. A contía para os estudiantes españois fíxaa anualmente a Axencia Nacional Erasmus (Consello de Universiades). A título indicativo, durante o curso 2001-2002 esta cantidade era dun mínimo de 73 € por mes e dun máximo de 110 €. Ademais da bolsa Erasmus, a Universidade de Vigo concede unha axuda complementaria a tódolos Erasmus seleccionados. Consiste nunha axuda económica segundo o país de destino e nunha pequena axuda mensual. A dotación segundo o país de destino será de:
90 €: Portugal
300 €: Alemaña, Austria, Bélxica, Eslovaquia, Eslovenia, Francia, Grecia, Hungría, Italia, Irlanda, Países Baixos, Polonia, Reino Unido, República Checa e Romanía.
420 €: Dinamarca, Finlandia, Suecia e Noruega.
A Xunta de Galicia, pola súa banda, convoca anualmente unhas axudas complementarias. Estas axudas non se conceden a tódolos Erasmus, senón que se ten en conta o expediente académico e a renda.
|